Facenda rebaixa os módulos do IRPF ás granxas avícolas e porcinas

Facenda rebaixa os módulos do IRPF ás granxas avícolas e porcinas

O Boletín Oficial do Estado publicou este martes unha orde ministerial pola que se reduce a fiscalidade do método de estimación obxectiva do IPRF, o coñecido como réxime de módulos, para os gandeiros e gandeiras que se dedican á cría, garda e engorde de aves e gando, principalmente de porcino.

A medida, aprobada para este ano e para o 2017 polo Ministerio de Facenda, beneficiará en Galicia a unhas 2.500 granxas -791 avícolas e 1.656 de porcino-. En concreto, esta rebaixa fiscal para os gandeiros supón unha redución do 34% no módulo dos servizos de cría, garda e engorde de gando en xeral, cuxo índice de rendemento neto aplicable pasa do 0,56 ao 0,37, no caso do porcino. No caso das aves rebáixase un 12% o IRPF ao establecerse no 0,37, fronte ao 0,42 anterior.

No caso das ganderías de vacún de leite mantéñense os módulos en vigor: un 0,20, despois de aplicar Facenda unha rebaixa o pasado ano.

Tamén se prorroga para o 2017 a redución do 5% sobre o rendemento neto dos módulos, consecuencia dos acordos alcanzados na Mesa do Traballo Autónomo e que se aplica desde o exercicio 2009.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información