Facenda rebaixa os módulos aos produtores lácteos

A orde de módulos para 2016, publicada hoxe no BOE rebaixa o rendemento neto á gandería de bovino de leite e ao cultivo de pataca

Facenda rebaixa os módulos aos produtores lácteos

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou hoxe a orde ministerial pola que se desenvolven para o ano 2016 o método de estimación obxectiva do IRPF (módulos) e o réxime especial simplificado do IVE. A orde mantén para 2016 a redución do 5% sobre o rendemento neto de módulos derivada dos acordos alcanzados na Mesa do Traballo Autónomo.

Adicionalmente, no ámbito das actividades agrícolas e gandeiras, redúcense os índices de rendemento neto da gandería de bovino de leite (produción de leite), que pasa de 0,32 a 0,20 (redución dun 38%). Tívose en conta para iso a redución continuada da rendibilidade desta actividade, segundo indica o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Igualmente, redúcese o índice de rendemento neto do cultivo de pataca, que pasa de 0,37 ao 0,26 (rebaixa do 30%). Polo que se refire ao IVE, a orde mantén para 2016 os módulos existentes neste ano.

Simplificación do réxime

Doutra banda, a orde incorpora as novidades incluídas na reforma fiscal no referente á simplificación e limitación do réxime de estimación obxectiva. Concretamente, fixa o limiar de exclusión en 250.000 euros de ingresos para o conxunto de actividades económicas. A magnitude de exclusión do réxime en función do volume de compras queda fixada tamén en 250.000 euros anuais, tal e como estipula a Lei 26/2014 de reforma do IRPF.

Quedan excluídas, tal e como fixa a lei, as actividades ás que se aplica o tipo de retención do 1% como as de fabricación e construción. Permanecen en módulos actividades como a restauración, servizo de taxi, agricultura e gandería.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información