A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Extractos de prantas e aminoácidos para combater as enfermidades fúnxicas do viñedo

O Grupo Soaga desenvolve Fertimón Guard, un novo produto biotecnolóxico para oidio, mildeu e botrite que foi probado con éxito nun importante campo de ensaio na rexión vitivinícola de Apulia, no sureste de Italia

Laboratorio do Grupo Soaga en Vilanova de Arousa, onde se desenvolveu e fabricou o prototipo do novo produto

Laboratorio do Grupo Soaga en Vilanova de Arousa, onde se desenvolveu e fabricou o prototipo do novo produto

Soaga, o grupo galego que fabrica e comercializa a coñecida marca de abonos Fertimón, acaba de conseguir un importante éxito en Italia coa súa nova gama de produtos bioestimulantes e protectores.

Fertimón Guard, desenvolvido e fabricado integramente nas instalacións da empresa en Vilanova de Arousa, demostrou a súa eficacia para previr e tratar algunhas das enfermidades fúngicas máis habituais en viñedo, como son o oidio, o mildeu e a botrite.

Malia que polo de agora trátase só dun prototipo que non saíu aínda ao mercado, os seus resultados espertaron xa o interese de importantes empresas a nivel europeo, como Agricola 2000, responsable do campo de demostración levado a cabo na rexión de Apulia, no sueste de Italia.

Fertimón Gard foi desenvolto no novo laboratorio de Soaga e fabricado nas súas instalacións de Vilanova de Arousa

Os resultados do ensaio serán presentados este martes día 11 de outubro dentro dun importante evento que se celebrará na localidade italiana de Palagiano, pertencente á provincia de Taranto e coñecida pola súa produción de uva e doutras variedades de froita, como as clementinas.

Un bioprotector de orixe natural

O desenvolvemento de Fertimón Guard reafirma a aposta do Grupo Soaga polo I+D+i. “Trátase dun produto bioprotector de desenvolvemento propio elaborado a base de extractos botánicos e aminoácidos, complementado con microelementos esenciais beneficiosos”, destaca Rafael Gago, responsable de Innovación e novos produtos de Soaga.

Esta nova solución biotecnolóxica posúe un dobre efecto: por unha banda protexe e fortalece á planta e, por outro, coa axuda dos substratos botánicos, contraataca ás enfermidades fúnxicas máis comúns.

Posúe dobre función:  fortalecemento da planta e efecto de choque contra os fungos

O prototipo probado en Italia forma parte da nova gama Fertimón Tech de Soaga, lanzada este ano pola empresa galega e coa que busca introducirse no segmento dos abonos líquidos. O catálogo inclúe bioestimulantes e correctores en base a produtos naturais como algas ou ácidos fúlvicos e húmicos, con importantes aplicacións en agricultura ecolóxica.

Condicións de humidade equiparables a Galicia

A rexión de Apulia é, xunto á Toscana, unha das principais zonas de produción de viño de Italia, tanto en brancos como en tintos. Trátase dunha área próxima ao mar, con moita incidencia de mildeu, o mesmo ca Galicia.

“As condicións de humidade son similares ás que se dan en zonas como poden ser as Rías Baixas”, afirma Rafael Gago, o que faría prever tamén o éxito do produto nas variedades máis habituais presentes en Galicia.

“No caso concreto do ensaio levado a cabo en Italia, o produto foi probado en uva de mesa con resultados moi positivos, sobre todo contra oidio e botrite, aínda que pensamos que en uva de vinificación funcionará incluso mellor”, avanza o responsable de Innovación e novos produtos de Soaga.

SOAGA campo ensayo Fertimon Guard Italia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *