As exportacións de viño da DO. Rías Baixas medran en valor e xa superan os 62 millóns de euros

Crecen un 4,36% en valor na campaña 2023/2024. O 56% das vendas ao exterior prodúcense en América e Estados Unidos acapara case 4 de cada dez litros que se exportan

Publicidade

RuedaRias2“Máis valor”. Esta é a principal conclusión que se pode extraer da análise das cifras de exportación das adegas acollidas á Denominación de Orixe Rías Baixas durante a campaña 2023/2024 (do 31 de agosto de 2023 ao 1 de setembro de 2024). Que cada vez se paga máis polos viños de Rías Baixas no mercado internacional é unha realidade. Un feito corroborado por unha campaña onde as vendas en valor medraron un 4,36%, ata alcanzar os 62.270.844 euros, mentres se reduce lixeiramente o número de litros vendido, un 3,79%, chegando aos 7.843.235 litros, que equivalen a 10.457.646 botellas, exportados a máis de 80 países. As exportacións representan o 30% do total das vendas na Denominación de Orixe Rías Baixas.

Neste contexto internacional, onde o consumidor está disposto a pagar un pouco máis por gozar da calidade destes viños atlánticos, o prezo medio de saída de adegas dos viños Rías Baixas sitúase nos 7,94 euros por litro, o que supón un crecemento do 8,46% con respecto á campaña anterior, na que xa se pagou o litro a 7,32 €. “Isto confirma o que nos adiantaba o estudo realizado dentro do marco de análise do noso Plan Director 2030, que indicaba que o consumidor, especialmente o internacional, percibe os Rías Baixas como uns viños de alta calidade polos que está disposto a pagar un pouco máis”, explica o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Isidoro Serantes.

Promoción Internacional 2024

A maior parte dos 10.457.646 botellas vendidas repártense no seguinte top ten, e por esta orde: Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Porto Rico, México, Suecia, República Dominicana, Países Baixos (Holanda), Alemaña e Canadá. A área xeográfica con máis peso na importación de viños de Rías Baixas é América, con 56,18% do volume total e unha porcentaxe de crecemento do 10,59% nesta última campaña. Séguelle a Unión Europea, co 35,11% das vendas. Dúas áreas que concentran o 91,30 % do total do volume das vendas das adegas acollidas na DO Rías Baixas.

Promoción Internacional 2024

Promoción e mercados

Na campaña 23/24 exportaron un total de 115 adegas da denominación. Destas, 88 xa venden en Estados Unidos, e 77 en Reino Unido. Cabe mencionar as 58 que están presentes no mercado irlandés e as 35 no portorriqueño.

O Consello Regulador, dentro do seu labor de apoio á venda internacional, inviste 1,1 millóns de euros para fomentar a presenza nos mercados de exportación, desenvolvendo diferentes plans promocionais en: Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Porto Rico, México, República Dominicana, Holanda, Alemaña, Canadá, Bélxica, Colombia, Xapón, Coreo do Sur, China e Suíza.

Captura de pantalla 2024-11-29 134712

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información