A Asociación Galega de Apicultura presentou este martes no Pazo de San Marcos de Lugo o programa do simposio sobre a velutina que se celebrará o vindeiro 9 de novembro en Chantada, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega unha axuda de 7.000 euros. As inscricións para asistir a esta xornada monográfica poden realizarse na web www.simposiovelutina.es.
O encontro, que inclúe unha decena de charlas ao longo da xornada, centrarase nos métodos actuais de control da velutina desde unha perspectiva científica, abordando os métodos de control e a súa efectividade, con achegas de científicos de vangarda na investigación contra este especie invasora a nivel mundial como os italianos Fabricio Zagni e Laura Borttoloti, que exporán o Method-Z e os proxectos que desenvolve o Centro de Ricerca, Agricoltora e Ambiente (CREA) de Boloña, o francés Gilles Fert, referente no mundo da cría de raíñas, que afronta o problema dende a selección xenética ou José Manuel Fernández, ornitólogo e naturista da Universidad de Alcalá de Henares, que abordará a eficacia do falcón abelleira no loita contra a velutina.
Os italianos Fabricio Zagni e Laura Borttoloti exporán o Method-Z e os proxectos que desenvolve o Centro de Ricerca, Agricoltora e Ambiente de Boloña
Ademais, representantes de AGA exporá o estado actual da vespa velutina en Galicia e o responsable do Centro de Alerta e Control de Pragas e Especies Invasoras de Asturias, Eloy Alvarez, explicará o operativo de control na comunidade veciña.
Punto de encontro das distintas asociacións galegas
O Simposio que se celebrará en Chantada servirá tamén para reunir a todas as asociacións de abelleiros e abelleiras galegas, que levan anos combatendo a velutina. Tralo encontro celebrado o ano pasado, as distintas entidades pactaron un documento de conclusións que foi remitido á Xunta de Galicia xunto coas principais demandas do sector.
Na presentación da edición deste ano, Javier Carreiras Cuadrado, secretario de AGA, explicou que “pretendemos ofrecer unha visión moi ampla do problema, confrontar datos de distintos países e debater acerca das estratexias máis convenientes de cara ao control da praga, abordando o problema de xeito rigoroso e por primeira vez cun claro e marcado compoñente científico, polo que agardamos que supoña un golpe na mesa e un punto disruptivo de cara a comezar a dar solucións reais ao problema”.
Este ano está a ser máis tranquilo en moitas zonas de Galicia, pero temos razóns para pensar que os vindeiros anos non serán tan favorables
A vicepresidenta da entidade, Marita Puga, subliñou que “pese a que este ano está a ser máis tranquilo en moitas zonas de Galicia, noutras o problema persiste, polo que temos razóns para pensar que os vindeiros anos non serán tan favorables. Vimos de anos moi difíciles para a apicultura e temos que prepararnos para dar resposta a un problema que, como non consigamos controlar, pode levarse por diante o futuro do noso oficio e porá en serio perigo as especies polinizadoras do noso contexto natural, cos prexuízos consecuenes nas producións apícolas e agrícolas”.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, encadrou “o apoio a este simposio no traballo que área de Rural ven desenvolvendo, da man da propia AGA e de outras entidades, para incidir na formación e na prevención para tratar de controlar a expansión desta especie invasora, que pesa como unha lousa sobre a apicultura e que afecta tamén a producíons agrícolas e, en xeral, ao equilibrio do noso ecosistema”, dixo.
Programa
10.00 horas
Inauguración
10.30 horas
A importancia de involucrar á veciñanza e ás entidades municipais na loita contra a velutina
Roi Rigueira
10.45 horas
Desempeño no control da vespa velutina en Galicia: actuación da acción desenvolta e valorización do estado actual da vespa velutina en Galicia no 2024
Luisa Piñeiro (xerente do SEAGA)
11.45 horas
Situación singular e actuación ante a vespa velutina en Galicia
J. María Bello (directivo da AGA) e Joaquín Lozano e Gonzalo Calvo (persoal técnico veterinario de AGA)
12.00 horas
O Method-Z: neutralización de niños de velutina: metodoloxías e test experimentais
Laura Borttoloti, investigadora do Centro de Agricultura e Medio Ambiente CREA (anteriormente Instituto Nacional de Apicultura en Boloña)
13:00 horas
O Method-Z: metodoloxía e resultados
Fabrizio Zagni, apicultor experimentado, membro fundador de Stop Velutina Italia, técnico en apicultura da Asociación Apiliguria e inventor do method-Z
16.00 horas
Operativo de control de Vespa Velutina en Asturias
Eloy Álvarez Ron (responsable do Centro de Alerta e Control de Pragas e Especies Invasoras de Asturias)
17.00 horas
A vespa velutina en Francia
Guilles Fert
18.30 horas
O miñato europeo (falcón abelleiro), unha realidade no control da vespa asiática
José Manuel Fernández, ornitólogo e naturista, Departamento de Ciencias da Vida da Universidade de Alcalá de Henares
19:45 horas
Clausura e degustación de produtos da Ribeira Sacra