A D.O. Valdeorras recibiu hoxe á experta internacional en viños, Beth Willard, en calidade de representante do Master of Wine, Tim Atkin, nunha visita que realizará durante os vindeiros tres días, a un total de 17 adegas de 6 concellos diferentes da comarca (O Barco, Rubiá, Vilamartín, A Rúa, Petín, Larouco).
O obxectivo principal desta visita é poder elaborar un informe detaiado, con puntuacións individuais, do maior número de viños posible, para que posteriormente podan ser utilizadas polos productores para promover as súas marcas e lograr deste xeito unha maior proxección nos mercados internacionais.
No último ano, Willard incrementou o seu traballo en España a través de novos informes sobre as distintas zonas de viño. Sen ir máis lonxe, o pasado mes de maio, catou, xunto con Tim Atkin, 600 viños de varias zonas de España como parte do informe “Discover Spain”.
A experta
Despois de máis de 15 anos traballando en España, primeiro como compradora e agora como xornalista e crítica, esta experta en viños decidiu, o pasado mes de agosto, establecer a súa residencia no noso país. Os últimos informes elaborados por ela foron sobre Navarra, Aragón e Bierzo, e na súa agenda, tamén se inclúen as zonas da Sierra de Gredos e as máis preto a Madrid.
Escritora da revista Decanter, Willard é tamén co-presidenta dos premios desta publicación, os Decanter World Wine Awards, ademais de membro da Gran Orden de Caballeros del Vino. Realiza tamén, regularmente, presentacións e catas de viños españois.