A Ruta do Viño de Monterrei organizou as XI Xornadas de Portas Abertas, que contaron cunha importante participación durante os tres días de actividades. Nesta edición participaron 8 adegas, que ofreceron visitas guiadas as súas instalacións, acompañadas da degustación de viño de Monterrei.

Participantes nas visitas ás adegas, que se beneficiaron do servizo de Bus do Viño, que partiu das principais cidades galegas.
O evento contou tamén coa colaboración de restaurantes locais, que ofreceron un menú especial maridado con viños da D.O. Monterrei
Entre as actividades programadas, figurou tamén a Cata ‘Aromas e sabores. Harmonía de froitas e viños’, un taller organizado para identificar os aromas froiteiros existentes nos viños brancos e tintos de Monterrei.
A cata desenvolveuse no Centro do Viño (Castelo de Monterrei), onde tamén se celebrou unha iniciativa orientada a descubrirlle ós participantes recoñecidos pratos de cociña internacional en combinación con distintas elaboracións da D.O Monterrei. Foi a ‘Harmonía de viños de Monterrei e Cociñas do Mundo’.