A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Éxito de asistencia na II Edición de ‘Gandeiros de Leite’, organizada por De Heus

300 gandeiros de vacún de leite participaron nesta xornada centrada na formación, a innovación e o intercambio de experiencias.

II Gandeiros De Leite DE HEUSDe Heus celebrou con éxito a II Edición de ‘Gandeiros de Leite’ no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, un evento que reuniu a 300 gandeiros da zona do Norte de España co obxectivo de compartir coñecementos, experiencias e coñecer as últimas novidades do sector da man de especialistas da organización.

Ao longo da xornada ofrecéronse distintos relatorios sobre temas de actualidade, como é o uso de robots e as distintas formas de conseguir muxidos máis eficientes e con mellores resultados, así como a aplicación da tecnoloxía NIR no control da alimentación.

Tamén se presentaron as vantaxes que ofrece Dairy Compass, a última ferramenta desenvolvida por De Heus para mellorar a eficiencia e rendibilidade das granxas leiteiras, ademais de mostrar exemplos prácticos e datos que avalan os casos de éxito en ganderías que xa empregan estas tecnoloxías.

Con esta segunda edición, De Heus reafirma o seu compromiso co sector, impulsando iniciativas que fomentan a formación continua e a innovación como piares fundamentais para afrontar os retos presentes e futuros do sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *