Éxito da primeira xornada de voluntariado para recuperar os soutos do Courel afectados por incendios

XORNADA ENXERTA SOUTOS COUREL 1Este sábado 14 de xuño, en horario de mañá e tarde, voluntarios chegados de toda Galicia e incluso das Illas Británicas, desenvolveron unha xornada de voluntariado ambiental, en colaboración coa Comunidade de Montes de Froxán (Folgoso do Courel), cara a enxertar con variedades locais os rebrotes dun souto ardido no 2022.

A xornada, coa colaboración da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, contou cuns 30 voluntarios con experiencia en enxertado da Asociación Galega das Castañas e os Soutos, xunto con veciños e outros voluntarios, e contou para a súa coordinación cun dos maiores expertos enxertadores galegos, Santiago Ramos, de Alsara Consultoría y Servicios Integrales SL. A Serra do Courel, con case 3.000 hectáreas de soutos tradicionais, é unha das comarcas senlleiras na produción de castañas en Galicia.

Nos últimos anos a produción de castañas diminuíu considerablemente. As causas tradicionais (diminución da produción consecuencia do cambio climático, envellecemento da poboación, despoboamento…) uníronse os devastadores incendios do verán do ano 2.022, que asolaron miles de hectáreas, incluíndo moitos soutos.

Unha das principais actuacións a facer para recuperar os soutos devastados polo lume é enxertar os rebrotes dos castiñeiros que arderon con variedades locais adaptadas a zona.

A Asociación Galega das Castañas de dos Soutos constituíuse recentemente, en xaneiro do 2024, coa intención de defender e divulgar o sector da castaña e naceu ante o vacío existente no sector asociativo produtor e a necesidade de afrontar os numerosos retos que se presentan.

Polo tanto, según responsables da asociación, “desexamos transmitir a todos os medios de comunicación e cidadanía en xeral a nosa intención de seguir promocionando e visibilizando un sector que a pesar dos fortes retos aos que se enfrenta (baixada considerable das producións dos soutos tradicionais debido o abandono e envellecemento da poboación do rural, escasa profesionalización do sector, complexidade da elección axeitada de variedades e a miudo deficiente mantemento das novas plantacións, adaptación ante o cambio climático e a presenza crecente de pragas e enfermidades) estamos seguros que está chamado a recuperar a importancia económica, cultural e social que tivo para os nosos antepasados”.

XORNADA ENXERTA SOUTOS COUREL 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información