A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Éxito da IV Edición do Torneo Solidario de Pádel UCOGA

UCOGA celebrou con éxito a IV edición do seu Torneo Solidario de Pádel, nun ano chave para apoiar ao Banco de Alimentos, e compañías do sector asegurador envorcáronse coa iniciativa

Éxito da IV Edición do Torneo Solidario de Pádel UCOGA

Entrega de premios ós gañadores do torneo.

A cuarta edición do Torneo Solidario de Pádel UCOGA, celebrada nas instalacións de Padelprix en Santiago de Compostela, volveu reunir a numerosas compañías do sector asegurador nunha xornada que combinou deporte, compañeirismo e un firme compromiso social.

Durante toda a xornada, os participantes demostraron un alto nivel competitivo e unha gran implicación solidaria, logrando que este evento se consolide como unha cita de referencia dentro do calendario de actividades de UCOGA.

Grazas á colaboración das compañías participantes, logrouse reunir unha importante cantidade de alimentos valorados en máis de 5.000 euros, que se doarán directamente ao Banco de Alimentos Provincia da Coruña, organización que traballa para axudar a familias en situación de vulnerabilidade. Ademais, UCOGA realizará unha achega adicional de 4.000 litros de leite, reforzando o seu compromiso coas causas sociais e o seu apoio constante á comunidade galega.

No plano deportivo, a competición estivo moi rifada e deixou un emocionante cadro de honra. O equipo de REALE alzouse coa vitoria, proclamándose campión desta cuarta edición, seguido moi de preto por ZÚRIC, que obtivo o segundo posto. O terceiro lugar foi para AXA, mentres que o conxunto de UCOGA completou o podio cunha meritoria cuarta posición.

Alimentos recollidos. Cedida

Alimentos recollidos. Cedida

“Máis aló da competición, o verdadeiramente importante deste torneo é a solidariedade que mostraron as compañías e todos os asistentes”, destacou Iván Novo, director xeral de UCOGA. “Nun ano especialmente complicado para o Banco de Alimentos, pola falta de stock nos seus almacéns, cada achega conta e demostra que a empatía e o compromiso seguen moi presentes entre quen formo parte deste sector.”

Con esta nova edición, UCOGA reafirma o seu compromiso co deporte e a acción social, promovendo valores como a colaboración, a empatía e o traballo en equipo. A correduría galega mantén o seu obxectivo de seguir impulsando iniciativas que xeren un impacto positivo na sociedade, especialmente na contorna rural.

Para 2026, o torneo celebrará o seu quinto aniversario, e dende UCOGA xa se adianta que “haberá novidades e sorpresas para conmemorar unha edición moi especial”, mantendo o espírito solidario que o converteu nun referente.

Equipos participantes. Cedida

Equipos participantes. Cedida

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *