Evolución das axudas asociadas a vacún de leite 2015-2020

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar un informe sobre “Evolución das axudas asociadas á produción durante as campañas 2015 a 2020”, no que se detalla tamén como se foron modificando estas axudas para o sector de vacún de leite.

En concreto, nas axudas asociadas ás gandarías, na axuda aos 75 primeiros animais, o número de solicitantes e o número de animais foi diminuíndo. En cambio, na axuda aos animais seguintes aos 75 primeiros, o número de solicitudes foi incrementándose lixeiramente cada ano, mentres que o número de animais non cesou de aumentar.

No seguinte gráfico recóllese a evolución dos importes unitarios de todas as axudas ao vacún de leite:

FEGA VACUN LEITE AXUDAS 1

O importe unitario seguiu a seguinte evolución:

-Primeiros 75 animais: Obsérvase paradoxalmente que, en 2016 a pesar de diminuír o número de animais determinados, o importe unitario tamén diminúe, debido á modificación do RD 1075/2014 para esta campaña e seguintes no cálculo do importe para cada unha das dúas rexións establecidas. En todas as campañas o importe da axuda por animal ten ido aumentando aos poucos con respecto á anterior.

-Animais seguintes: Aumenta o número de animais determinados e tamén o importe unitario, como consecuencia do mencionado cambio no cálculo do mesmo a partir dos 75 primeiros animais.

Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite na rexión peninsular para os primeiros 75 animais:

FEGA VACUN LEITE AXUDAS 2

Animais seguintes ás 75 primeiras vacas:

FEGA VACUN LEITE AXUDAS 3

Axuda insular e zonas de montaña. Primeiros 75 animais:

FEGA VACUN LEITE AXUDAS 4

Animais seguintes ás 75 primeiras vacas:

FEGA VACUN LEITE AXUDAS 5

Descarga aquí o informe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información