“Eu nunca pensei medrar tanto en tan pouco tempo. Isto con holstein sería imposible”

Gandería Milhombres SC, situada no municipio asturiano de Navia, pasou de muxir 90 vacas no ano 2014 a ter hoxe 195 en produción. Case toda a súa cabana actual é gando Procross. Foron precisamente as vantaxes que achega o vigor híbrido dos cruzamentos as que animaron a Sergio e Iván, os dous fillos, a coller o relevo e quedar na explotación

Lorenzo, Genma, Sergio e Iván en la nave de producción de la ganadería con sus vacas procross

Lorenzo, Genma, Sergio e Iván na nave de produción da gandería xunto ás súas vacas Procross

Lorenzo Fernández García leva toda unha vida muxindo vacas. “Empezamos a muller e eu no ano 1986 con 2 vacas”, conta. El xa se xubilou, pero Genma Rodríguez Pérez segue en activo. Hoxe a granxa ten 300 cabezas totais, unhas instalacións modernas e o relevo xeracional asegurado. Sergio e Iván, os dous fillos do matrimonio, decidiron continuar coa gandería.

Contar cun tipo de gando máis rendible foi clave na súa decisión. No ano 2016 Gandería Milhombres decidiu apostar polos cruzamientos e aquela decisión foi un revulsivo na granxa. “Eu nunca pensei medrar tanto en tan pouco tempo. Isto con holstein sería imposible”, afirma Lorenzo.

O día que vexa saír á última frisoa pola porta serei o gandeiro máis feliz do mundo

Con décadas de experiencia producindo leite, Lorenzo destaca a facilidade de manexo do gando procross. “Vaca frisoa que pare, vaca que hai que operar ou que non se levanta. Coas procross nada disto pasa. Paren soas e non dan ningún problema. Só mandamos dúas desde que empezamos con elas. Non hai cor, así é doado medrar. Só nos quedan 14 holstein puras, pero teño ganas de despedilas a todas. O día que vexa saír á última frisoa pola porta serei o gandeiro máis feliz do mundo”, remarca.

Animais trihíbridos

Terneras procross de tercer cruce: frisón, montbeliard y rojo sueco

Becerras Procross de terceiro cruce, tras completar a rotación entre frisón, montbeliard e rojo sueco

En 2016, cansado da fraxilidade das súas vacas e tras visitar outras ganderías que levaban tempo apostando polos cruzamentos, Lorenzo decidiu incorporar á súa cabana de gando as primeiras xovencas cruzadas. “Compramos en Huesca e en Portugal e empezamos tamén a inseminar as nosas vacas con rojo sueco e montbeliard. Completamos xa o ciclo de rotación e estamos empezando a poñer xa outra vez frisón”, detalla.

As primeiras xovencas cruzadas que compraron procedían de Huesca, dunha gandería con 600 vacas procross en produción, Explotacións Ganabar SL, situada en Sangarrén

“De todos os cruzamentos, co que máis contento estou é co terceiro cruzamento, o de montbeliard con vermello sueco. Cada raza achega os seus aspectos positivos e o resultado final vese ao completar a rotación. Aquí hai primeirizas de roja sueca con 62 litros”, conta.

Seme sexado e cruces cárnicos

Machos de raza Inra, un cruce cárnico que aplican a las vacas de más de dos partos

Machos de raza Inra, un cruce cárnico que aplican ás vacas de máis de dous partos grazas ao excedente de recría

Gandería Milhombres insemina todas as súas xovencas con seme sexado. “Eu non regateo no prezo do seme, quero touros bos”, indica. Ata o de agora usaban toda a recría que xeraban para medrar en número de cabezas, pero neste momento xa completaron a capacidade das instalacións e a menor taxa de reemprazo necesaria do gando procross fai que lles sobren becerras.

Eu non regateo no prezo do seme, quero touros bos

Por iso, nas vacas de segundo parto usan seme convencional no canto de sexado e a partir do terceiro parto inseminan con cruces cárnicos. “Poñemos Inra porque non temos sitio para recriar tanto, pero se tivese espazo para recriar tenreiras procross non poñería Inra, porque neste momento hai moita venda de tenreiras cruzadas e déixanme máis diñeiro”, indica.

Nave alugada para a recría

Las novillas disponen de un establo alquilado con un patio al que pueden salir

As xovencas dispoñen dun establo, alugado a unha gandería próxima, cun patio ao que poden saír

O rápido crecemento en número de cabezas e a mellora na fertilidade que tamén lles achegaron os cruzamentos, fixeron que as instalacións dedicadas á recría quedasen pequenas en pouco tempo. Por iso alugaron o establo a unha gandería veciña que pechara e abandonara a actividade para albergar ás xovencas.

Aquí no pobo só quedamos dúas ganderías en activo

“As tenreiras cando nacen témolas aquí, no establo vello, e ao cumprir os 7 meses levámolas para a nave que temos alugada, onde as inseminamos e completamos a recría. Volven para aquí próximas ao parto”, explica Lorenzo. Nestas instalacións alugadas á gandería Bígaro cábenlles 50 animais.

Inseminacións programadas

Inseminan a las terneras con semen sexado entre los 13 y los 14 meses

Inseminan ás xatas cruzadas con seme sexado entre os 13 e os 14 meses

Ademais do establo, as xovencas dispoñen dun anaco grande de terreo para saíren e entraren cando queren, pero aínda así a capacidade dispoñible está habitualmente ao completo. “Se botásemos seme sexado a todo necesitariamos o pobo enteiro”, bromea Lorenzo en relación á fertilidade procross.

O veterinario aquí vén pouco, só a facer reprodutivo, porque con este gando non temos enfermidades nin problemas metabólicos

Tamén destaca o maior crecemento das tenreiras cruzadas, que alcanzan antes a condición corporal necesaria para a súa primeira inseminación. “Nós aos 13 ou 14 meses inseminamos. Pero non o facemos nós, senón que veñen veterinarios, así que facemos todo con reprodución programada e con moi bo resultado”, conta.

Novas instalacións para vacas en produción

La nueva nave de producción, construida hace 7 años, destaca por su altura y ventilación y tiene capacidad para 200 animales

A nave de produción, construída fai 7 anos para 200 animais, destaca pola súa altura, ventilación e claridade

Hai 7 anos Gandería Milhombres optou por construír un establo novo para poder seguir medrando. Tiñamos 90 vacas en muxido pero traballabamos moi incómodo. Nese momento incorporáronse os dous fillos do matrimonio, Sergio e Iván, aínda que o incremento da rendibilidade que lles supuxo a aposta polo gando cruzado foi un factor determinante na súa decisión.

A explotación ten o relevo asegurado. O aumento de rendibilidade tras pasarse aos cruzamientos foi un factor determinante que animou aos fillos do matrimonio para quedar na granxa

“Dígoo de corazón, se eu teño que volver ás frisoas pecho”, di Iván. Animado polo aumento de rendibilidade da granxa optou xunto ao seu irmán por modernizar tamén a sala de muxido. “Era terceiromundista onde muxiamos; desde que viñemos para aquí non volveu haber outra mamite”, afirma.

Sala no canto de robots

GANADERIA MILHOMBRES (Navia) sala de muxido2

Sergio e Iván decantáronse por unha nova sala de 2×12 puntos no canto de instalar os robots de muxido para os que fora deseñada na nave construída en 2014. “O establo está preparado para poñer os robots, pero os fillos non queren saber nada de robots, prefiren sala. Agora nesa zona que quedou reservada para os robots imos ampliar a cornadiza e facer 14 cubículos máis”, explica Genma.

Se unha explotación non vive con 200 vacas tampouco vive con 500

É esa, por agora, a capacidade máxima que prevén alcalzar, unhas 210 vacas en muxido, porque opina Lorenzo, “se unha explotación non vive con 200 vacas tampouco vive con 500”. Sergio e Iván ven sen embargo nos robots un factor limitante á hora de seguir crecendo. “Agora mesmo, coa sala nova que puxemos, pódense muxir tranquilamente 250 vacas, mentres que cos robots, se quixesemos crecer, cantos robots necesitariamos poñer? Ademais de que os mantementos e reparacións son moito máis caras”, afirman.

Socios fundadores de Central Lechera Asturiana

Imagen del tanque vertical, instalado por Central Lechera al lado de la sala de ordeño

Imaxe do tanque vertical, instalado por Central Lechera ao carón do edificio da nova sala de muxido

A maiores da nova sala, posta en funcionamento fai só un par de meses, a explotación incorporou un tanque vertical de leite da marca GEA. Instaloullo, sen custo algún para a gandería, Central Leiteira Asturiana, á que pertencen como socios fundadores, para poder así acoller o incremento de produción da granxa.

Se cobrasen en Galicia o leite coma nós, as ganderías duplicarían produción

Están a cobrar o leite a un prezo final de 39 céntimos. “Se cobrasen en Galicia coma nós, as ganderías duplicarían produción”, di Lorenzo. Situada no occidente asturiano, Gandería Milhombres ten moita relación con Galicia. “Compramos moitas cousas en Galicia, como a maquinaria e moitas subministracións. O sector lácteo está a modernizarse máis en Galicia que en Asturias e hai máis oferta”, destaca.

O 50% do establo son xovencas

Novilla procross recién parida con 24 meses con su ternero cruzado de rojo sueco con frisón con factor pasiego

Xovenca procross recén parida con 24 meses co seu xato cruzado de rojo sueco con frisón con factor pasiego

A produción media por vaca sitúase nesta explotación en 35 litros a dúas muxiduras, cun 3,67% de graxa e un 3,43% de proteína. “Baixamos algo á graxa porque estamos muxindo neste momento moitas primeirizas, o 50% do que muximos son xovencas”, explican.

As vacas cruzadas teñen máis corpo e aguantan mellor a condición corporal; cando haxa que mandalas ao matadoiro deixarán o triplo que as frisoas

Con todo, esperan recuperar os niveis de graxa e proteína grazas á maior achega de sólidos do gando procross, do que destacan tamén o seu mellor mantemento da condición corporal ao longo da lactación. “Estas vacas teñen máis corpo que as frisoas e aguantan máis tanto a produción de leite como a súa condición corporal. Esa é tamén outra vantaxe, xa que cando haxa que mandalas ao matadoiro deixarán o triplo que as frisoas”, destaca Lorenzo.

Relevo asegurado

Sergio e Iván han preferido instalar una nueva sala de ordeño, a pesar de que el establo había sido diseñado para robots

Sergio e Iván preferiron instalar sala de muxido, malia que o establo fora deseñado para robots

Insiste tamén na menor incidencia de problemas de patas na granxa co gando cruzado. “Coxeiras nas procross, por exemplo, non hai ningunha, non hai comparación, aínda que esta tempada co formigón acabado de botar e o raiado dos corredores tivemos algún caso”, recoñece. Ao saír da sala de muxido, as vacas pasan por un baño de patas, aínda que os casos de dermatites son practicamente nulos.

Cambiaron os cubículos de area por camas de colchoneta e van instalar unha amamantadora

Entre os cambios que fixeron recentemente atópase tamén a substitución da area dos cubículos por camas de colchoneta. “Tiñamos area, pero non nos convencía porque para o pozo é malo, así que decidimos poñer colchonetas. Pero para poder poñelas tivemos que suplementar os cubículos”, detallan.

As próximas melloras serán a substitución do sistema de automatización da arrobadeira e a instalación dunha amamantadora para alixeirar o traballo de alimentación das tenreiras. O aumento de rendibilidade da granxa e o feito de que haxa relevo asegurado na explotación animan a facer este tipo de investimentos en mellora e modernización das instalacións.

Acabar cos prexuízos

Vacas procross en la sala de ordeño 2x12 instalada hace dos meses

Vacas procross na sala de muxido 2×12 da marca GEA instalada hai dous meses nesta gandería de Navia

Tras 40 anos producindo leite, Lorenzo anima tamén a outros gandeiros a “abrir os ollos” e non aferrarse a prexuízos sobre outras razas diferentes á holstein. “Cando empecei a facer os cruces nas miñas vacas algún gandeiro dicíame que estaba tolo, pero agora ven as xovencas e convéncense”, di.

A min nunca me gustou que me mandasen; por iso me fixen gandeiro

O mesmo pide que fagan as asociacións de frisoa e de control leiteiro. “Nós estabamos en Ascol, o control leiteiro de Asturias, pero cando empezamos coas procross botáronnos porque non eran frisoas puras. Agora deixábannos entrar outra vez, pero xa non queremos. A min nunca me gustou que me mandasen; por iso me fixen gandeiro”, afirma.

50 hectáreas a millo en terreos a nivel do mar e con producións de até 70.000 quilos

Parque de maquinaria de Ganadería Milhombres, que incluye dos cosechadoras y carro mezclador

Parque de maquinaria de Gandería Milhombres, que inclúe dúas colleitadoras e carro mesturador

Gandería Milhombres está situada no Aspra, na parroquia de Andés, a só 3 quilómetros do centro urbano de Navia e a menos dun da praia do Moro. Por iso, a competencia urbanística encarece o prezo da terra na zona. “Aquí estanse vendendo moitas leiras para facer chalés, iso sobe o prezo e é competencia para nós. Estanse chegando a pagar 500 e 600 euros por hectárea, aínda que nós temos rendas antigas e pola finca que máis pagamos son 300 euros por hectárea”, indican.

Nós aquí podemos producir barato porque sacamos boa colleita de millo

Traballan unhas 80 hectáreas totais, das que sementan a millo 50. “Aquí é moi bo terreo e estamos a nivel do mar, así que, se chove algo, para sacar 70.000 quilos por hectárea non hai que matarse moito”, destacan. As súas fincas están a nivel do mar e estas altas producións de forraxe permítenlles abaratar custos. “Nós aquí si que podemos producir barato, porque sacamos boa colleita de millo e iso permítenos aforrar en concentrados e mitigar a carestía do penso”, razoan.

Traballo agrario

La ración de producción incluye silo de maíz, silo de hierba y pienso

A ración das vacas inclúe silo de millo, silo de herba e penso. Comen máis de 50 quilos diarios

A explotación é practicamente autosuficiente en maquinaria, cun parque amplo que inclúe dúas colleitadoras ou un carro mesturador que acaban de renovar. “Menos segar e aplicar herbicida ao millo, o resto facémolo todo nós, incluída a sementeira e a ensilaxe”, explican.

Eu penso que as vacas e as tenreiras teñen que comer a discreción; eu para que pasen fame non as teño

A ración diaria das vacas en produción inclúe 25 quilos de silo de millo, 18 de silo de herba e 12 quilos de concentrado máis corrector. Para as xovencas fan outro carro todas as mañás con silo de millo, silo de herba, palla e penso. Non escatiman en cantidades, pois prefiren unha alimentación abundante. “As nosas vacas comen 50 e pico quilos de ración ao día. Eu penso que as vacas e as tenreiras teñen que comer a discreción; eu para que pasen fame non as teño”, afirma Lorenzo.

  • Reportaxe elaborada por Campo Galego coa colaboración comercial de Global Genetics

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información