Máis de medio cento de estudantes de Galicia e Portugal reuniranse o vindeiro martes, 14 de xuño, en Muiños (Ourense), para o acto final de peche do proxecto FunCAP, unha iniciativa liderada pola Fundación Juana de Vega, que nos últimos meses difundiu entre a xuventude da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal os beneficios que aporta a Política Agraria Común (PAC).
Un total de 15 centros de ensino -7 en Galicia e 8 en Portugal- e máis de 500 estudantes participaron activamente nesta novidosa iniciativa financiada polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP). Ademáis, impartíronse dous webinars online, con algo máis de 200 inscritos, no que destacados expertos analizaron o presente e o futuro das axudas da PAC tanto en Galicia como en Portugal.
Neste sentido, a para dar peche ao proxecto FunCAP, o vindeiro martes celebrarase no complexo turístico O Corgo, en Muiños (Ourense) un evento con amplo programa de actividades.
Participarán arredor de 100 persoas, incluindo estudantes e profesores de cinco centros de ensino de Portugal (Escola Profissional Agrícola Conde de São Bento, Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Vagos, Escola Profissional do Alto Douro e da Escola Profissional ETAP) e doutras cinco escolas galegas (EFA Fonteboa, IES Ortigueira, IES Xelmírez II, CFEA de Sergude e do IES de Arzúa).
Tamén están convidados representantes das autoridades, dos agricultores e gandeiros e doutros axentes relevantes na execución da Política Agrícola Común que, a través das distintas actividades previstas, terán a oportunidade de intercambiar experiencias de primeira man coa mocidade galego-portuguesa.
PROGRAMA:
Sesións para o alumnado e profesorado:
10:00-10:45: Benvida, explicación da metodoloxía e warming up
10:45-13:15: Xogos de FunCAP entre distintas escolas e cos outros participantes no evento
13:15-13:30: Recollida de resultados dos xogos
Sesións abertas a todos os participantes:
13:30-14:30: Comida
14:30-15:15: Sesión plenaria
– Benvida do director da Fundación Juana de Vega (Jose Manuel Andrade Calvo)
– Reflexión cos participantes a partir dos datos dos xogos
– Introdución da biblioteca vivente
15:15-16:45: Biblioteca vivente (tres sesións de 25’ + 5’ descanso entre ellas). Nesta actividade o alumnado poderá conversar con expertos relacionados co sector agroalimentario. Entre os ponentes confirmados están:
Beatriz Guimarey, do Service Point da EIP-Agri
Elena Piñeiro, da Asociación de Asesores Rurais de Galicia
Jesús Fernández, antigo traballador de Gadisa
Isabelle Gómez, de Traloagro (emprendedora rural)
16:45-17:00: Descanso
17:00-18:00: Recollida de propostas: “Tempo de soñar un futuro para a Eurorrexión”
18:00-18:30: Continuación da sesión plenaria
• Presentación dos resultados do proxecto
• Vídeos das escolas
• Peche institucional por parte de Enrique Sáez Ponte (presidente da FJDV) e representante institucional por confirmar
@EUAgri #IMCAP