As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Estudantes de Galicia e Portugal debateron en Ourense sobre o futuro da Política Agraria Común

Estudantes de Galicia e Portugal debateron en Ourense sobre o futuro da Política Agraria Común

Foto dalgúns dos asistentes á xornda de peche do proxecto FunCAP

Arredor de medio cento de estudantes de Galicia e Portugal reunironse este martes, 14 de xuño, no Complexo Turístico de O Corgo, en Muiños (Ourense), para o acto final de peche do proxecto FunCAP, unha iniciativa liderada pola Fundación Juana de Vega e finciada pola Coimisión Europea, que nos últimos meses difundiu entre a xuventude da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal os beneficios que aporta a Política Agraria Común (PAC).

Un total de 15 centros de ensino -7 en Galicia e 8 en Portugal- e máis de 500 estudantes participaron activamente nesta novidosa iniciativa financiada polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP). Ademáis, impartíronse dous webinars online, con algo máis de 200 inscritos, no que destacados expertos analizaron o presente e o futuro das axudas da PAC tanto en Galicia como en Portugal.

Nesta xornada de peche participaron estudantes e profesores de cinco centros de ensino de Portugal (Escola Profissional Agrícola Conde de São Bento, Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Vagos, Escola Profissional do Alto Douro e da Escola Profissional ETAP) e doutras cinco escolas galegas (EFA Fonteboa, IES Ortigueira, IES Xelmírez II, CFEA de Sergude e do IES de Arzúa).

Na xornada da mañá, os asistentes participaron nuha sesión de “Os Soutos do Norte”, un xogo desenvolvido para este proxecto que dunha forma lúdica ensina como aplicar no día a día dunha gandería ou dunha explotación agrícola os principios da PAC: sustentabilidade mediambiental, produción de alimentos sans e proxectos económicamente viables, na liña do “Pacto Verde Europeo” ou da “Estratexia da Granxa á Mesa”.

Tralo xantar, os estudantes, moitos deles futuros agricultores e gandeiros, realizaron un diálogo enriquecedor con persoas cunha probada experiencia no sector: Beatriz Guimarey, do Service Point da EIP-Agri; Elena Piñeiro, presidenta da Asociación de Asesores Rurais de Galicia; Isabelle Gómez, unha das fundadoras de Traloagro, gandería en ecolóxico que tamén transforma e comercializa a súa produción, e Pedro Rei, presidente da Associação de Jovens Agricultores de Portugal.

Valoración “moi positiva” dos resultados do proxecto FunCAP

O peche institucional correu a cargo de Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, quen valorou como “moi positivos” os resultados do proxecto. “Estamos moi satisfeitos porque logramos achegar a Política Agrícola Común à xuventude, especialmente à mocidade que se está formando na rama agrícola e gandeira, de Galicia e Norte de Portugal, onde temos moitos puntos en común tamén no sector primario”, subliñou.

Algunhas imaxes da xornada de preche do proxecto FunCAP:

FUNCAP PECHE SESIÓN POST COMIDA-6 ESTANDAR FUNCAP PECHE SESIÓN EXPERIENCIAS 4 ESTANDAR FUNCAP PECHE SESIÓN EXPERIENCIAS 2 ESTANDAR FUNCAP PECHE SESIÓN EXPERIENCIAS 5 ESTANDAR FUNCAP PECHE SESIÓN EXPERIENCIAS 1 ESTANDAR FUNCAP PECHE SESIÓN EXPERIENCIAS 6 ESTANDAR

@EUAgri #IMCAP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *