Resumo da xornada. “Claves para vender máis e mellor o viño: Estratexias de Marketing no viño”, organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e que se celebrou este mércores en Sober (Lugo).
O investimento en mercadotecnia é rendible
Un dos grandes desafíos que se enfronta o responsable de mercadotecnia dunha adega é poder demostrar o retorno do investimento. De feito cada vez as adegas son máis conscientes da necesidade de investir en accións de comunicación e mercadotecnia para incentivar o consumo do seu viño. Pero para tomar a decisión máis acertada deberanse valorar as decisións comerciais que se tomaron..
As asistencias a feiras, as presentacións, a publicidade, a presenza da marca en redes sociais…etc deben ser un esforzo que teña unha rendibilidade, aínda que moitas veces está non se manifesta de forma inmediata.
Tendencias no sector vinícola
O consumidor sabe perfectamente o que quere: gozar dunha experiencia agradable.
Os prescriptores de viño seguen sendo relevantes e están a aparecer novas formulas como blogueiros, portais de viños, aplicacións para móbiles..
En definitiva, as novas tecnoloxías teñen cada vez maior importancia. De aí, a necesidade para as adegas de desenvolver estratexias de mercadotecnia online.
Por outra parte, a venda a través de internet cada vez será maior.
A exportación é unha oportunidade necesaria. O consumo de viño no mercado interno español está en franco declive, non só pola caída da renda dispoñible senón tamén polo maior desapego do consumidor cara ao viño. Neste sentido, a exportación constitúe unha vía de escape para moitas adegas.
A importancia da etiqueta
A etiqueta constitúe un dos elementos máis importantes do viño para a súa identificación e diferenciación no mercado. De feito xunto á botella é a primeira información que recibe o consumidor con relación ao viño.
A este respecto, o máis importante dunha etiqueta é que recolla fielmente o que a marca quere ser, pero sobre todo que a etiqueta se identifique co viño que vai encontrar o consumidor. A intención de compra depende en boa medida do tipo de imaxes utilizadas na etiqueta.
A reputación dunha marca de viño
Construír a axeitada reputación dunha marca é o obxectivo principal da adega. Cunha marca recoñecida e ben posicionada no mercado é máis doado vender viño.
A reputación dunha marca é un resultado dun conxunto de factores que, simultáneamente e no longo prazo, permiten construír a devandita reputación. Non se consegue da noite á mañá e na mercadotecnia non hai milagres nin receitas máxicas.
Entre outros atributos imos a considera cinco criterios:
-Que o viño teña unha calidade consistente.
-Que reflicta unha rexión ou un país de orixe.
-Que responda ás necesidades e gustos do mercado.
-Que sexa comercializado e teña un packaging axeitado.
-Que teña un atractivo forte para o publico en xeral.
A continuación algunhas claves para que poden axudar a lograr unha mellor reputación da marca no sector vinícola:
1-Ofrece realmente os beneficios que desexa o consumidor.
2-Altos estándares de calidade e prezo acorde con esta.
3-Presenza continuada nos medios de comunicación ou utilización de campañas creativas.
4-Identidade corporativa axeitada ao mercado obxectivo.
5-Puntuacións nas guías de viños ou recomendacións de prescriptores.
6-Adecuada presenza nas redes sociais
7-Actividades de Trade Marketing (Colaboración co distribuidor).
Non é necesario que a adega destaque en todas e cada unha delas. A reputación dunha marca de viño non é o resultado dun único atributo senón que depende da actuación a longo prazo da adega no mercado e é froito do traballo constante e ben planificado.
A maioría de marcas de viño recoñecidas e admiradas destacan por ofrecer unha proposta de valor acorde ás necesidades do seu mercado obxectivo. A estratexia comercial e de mercadotecnia constitúe unha ferramenta básica para construír a devandita reputación.