A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Estratexias de control de malas herbas e pragas de solo en millo

Kenogard presenta nunha xornada en Santiago o insecticida 'Kenotrin Geo', orientado ao control de vermes de solo, e o herbicida 'Permit', especialmente indicado para o control da xuncia

Estratexias de control de malas herbas e pragas de solo en millo

Os ensaios demostran que os tratamentos fitosanitarios permiten aumentar a rendibilidade do cultivo de millo.

O control de pragas e malas herbas no cultivo do millo protagonizou unha xornada técnica organizada por Kenogard e Maj Agroquímicos en Santiago. Na sesión, na que participaron técnicos e produtores, presentáronse o herbicida ‘Permit’, orientado ao control de xuncias e xa utilizado na campaña 2017, e o insecticida ‘Kenotrin Geo’, dirixido ao control de pragas de chan como vermes grises (rosquillas, agrotis) e vermes de arame e brancos.

Control de pragas en solo

‘Kenotrin Geo’ é un insecticida que se caracteriza polo seu forte efecto de choque e persistencia no solo. “Actúa por contacto e inxestión e a maiores xera un efecto barreira de protección da semente, pois presenta unha acción repelente sobre os insectos”, explica Juan José Prats, ‘product manager’ de insecticidas de Kenogard.

O insecticida ‘Kenotrin Geo’ caracterízase por estar formulado en microgránulos, o que evita que se xenere po na súa aplicación. Os microgránulos, unha base de ieso impregnada da materia activa, un piretroide, permiten maior uniformidade na distribución en solo, así como unha persistencia que pode chegar aos 45-60 días en condicións idóneas.

Ao aplicar ‘Kenotrin Geo’, recoméndase o seu enterrado, xa que se fotodegrada con rapidez. Unha vez en solo, o produto caracterízase pola súa inmobilidade, non véndose afectado por posibles lavados de choivas. “A formulación de ‘Kenotrin Geo’, coa tecnoloxía ‘G-plus, permite que a materia activa estea protexida e se vaia liberando de forma progresiva”, destaca Juan José Prats.

O Kenotrin Geo está autorizado en cultivos como millo e pataca a unha dose de 10-15 kg. / hectárea. Tamén está permitido en cultivos de horta como brásicas.

“En pragas de solo, ata agora a materia activa habitual era o clorpirifós, pero convén lembrar que a alternancia de materias activas é necesaria para evitar a aparición de resistencias e garantir a eficacia dos produtos a medio e longo prazo”, sinala Juan José Prats.

Pragas en diferentes fases do cultivo

A aplicación de ‘Kenotrin Geo’ recoméndase no momento da sementeira do millo. En cultivos que precisan aporcado, tamén pode aplicarse no momento do aporcado.

grafico insecticidas kenogard

Nas seguintes fases de cultivo de millo, o agricultor deberá prestar atención a outras pragas, como pulgóns e orugas defoliadoras. A estratexia de control recomendada por Kenogard baséase en aplicacións foliares de produtos como ‘Sumidelta’ ou ‘Permasect’ (Ver gráfico superior). Para a súa aplicación, poden combinarse en tanque con herbicidas de postemergencia.

Malas herbas en millo

Comparación dun tratamento sobre xuncia con 'Permit' (dereita) e con sulcotriona (esquerda).

Comparación dun tratamento sobre xuncia con ‘Permit’ (dereita) e con sulcotriona (esquerda).

Para o control en post-emerxencia de malas herbas en millo, Kenogard dispón dun amplo catálogo de produtos que consolidou en 2017 coa saída de ‘Permit ®’, un herbicida especializado no control de xuncia (‘Cyperus rotundus’) e con efecto tamén sobre malas herbas de folla ancha.

‘Permit ®’, en probas desenvolvidas polo Instituto Navarro de Investigación Agraria (Intia) no cultivo do millo, demostrou unha eficacia superior ao 80% sobre xuncia, unha mala herba cun extenso sistema de tubérculos que está a provocar importantes infestacións en millo, sobre todo en comunidades como Galicia, Navarra ou Estremadura.

Os ensaios do Intia en millo comprobaron ademais que a combinación de Permit® + Oceal® incrementa a eficacia no control de juncia e ten tamén gran impacto sobre ‘Solanum’ e ‘Chenopodium’ (Ver Gráfico inferior).

Comparación do resultado e espectro abarcado por distintos tratamentos herbicidas.

Comparación do resultado e espectro abarcado por distintos tratamentos herbicidas.

A aplicación de ‘Permit’ debe facerse co cultivo entre 2 e 8 follas e en post-emerxencia das malas herbas. O produto ten un efecto principal por contacto sobre as malas herbas nadas. A súa absorción prodúcese tanto polas follas como polas raíces e á dose empregada en España, 40-50 gramos por hectárea, non presenta efecto residual sobre novas nascencias. Hai que prestar atención á rotación de cultivos detallada na etiqueta do produto, aínda que non hai problemas en caso de rotación con pradarías e outras habituais en Galicia.

Aplicación e efecto
“O momento ideal de aplicación é cando a xuncia presenta entre 4 e 5 follas, aínda que o herbicida ten efecto ata con 6-8 follas. Recomendamos aplicalo cando calculemos que xa saíu unha cantidade de xuncia importante’, explica a ‘product manager’ de herbicidas de Kenogard, Elena Izquierdo.

Xuncia.

Xuncia.

Se se atrasa a aplicación e a xuncia esténdese en exceso, a mala herba creará un efecto paraugas que reducirá a chegada do herbicida aos tubérculos, o que diminuirá a súa absorción pola planta.

Un aspecto que destaca no modo de acción de ‘Permit’ é o seu efecto seguro pero lento, pois hai que esperar ata 3 semanas para visibilizar o seu impacto nas malas herbas. “Veremos como se pon amarela a roseta central da xuncia, que se irá necrosando, e evitaremos o rebrote da planta’ -describe Elena Izquierdo-. ‘É necesario acostumarse a esperar ata tres semanas para comprobar o resultado do herbicida. Non é necesario repetir a súa aplicación’, advirten en Kenogard.

O herbicida Permit® presenta tamén bos resultados sobre malas herbas de folla ancha como ‘Abutilon sp.’, ‘Xanthum sp.’ ou ‘Diplotaxis sp.’. En función das malas herbas presentes na parcela, recoméndase a combinación de ‘Permit’ cos herbicidas de post-emerxencia que mellor se adapten ao espectro presente. Tamén debe coidarse a aplicación de produtos con distinto modo de acción en anos sucesivos para evitar a aparición de resistencias.

catalogo kenogard

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *