Estes son os viños premiados na II Cata Popular da XXV Feira do Viño de Valdeorras

Publicidade
Foto dos gañadores da cata popular. Foto:  www.osil.info

Foto dos gañadores da cata popular. Foto: www.osil.info

A XXV edición da Feira do Viño de Valdeorras chegou á súa fin este domingo despois dun fin de semana no que os
participantes puideron desfrutar dos mellores viños amparados pola Denominación de Orixe. Na última xornada, o domingo día 2 de xuño, levouse a cabo a II Cata Popular no patio interior da Casa Grande de Viloira, tras o éxito colleitado por esta iniciativa o ano pasado.

O director técnico da D.O., Jorge Mazaira, explicou que o obxectivo da cata aberta a todo o que queira participar, é que o público poda ver “a parte profesional de todo esto e cómo traballamos”. Ás 11:00 horas comezou a primeira quenda, cuxos asistentes reflictiron a súa valoración no panel de cata entregado por persoa participante. Ao longo da mañá, nun total de catro quendas, de dez persoas cada unha, cataron un total de 38 referencias. Ás 21:00 horas procedeuse á entrega de premios da cata popular, aos mellores viños de Valdeorras.

O premio ao mellor viño branco foi para “A Coroa Godello 2023”, da adega A Coroa S.A.T. A medalla de prata recaiu en “Maruxa 2023” da adega Virgen del Galir S.L.U., e a de bronce foi para “Bioca Laureles 2023”, da adega Bioca S.C.

O premio ao mellor viño tinto foi para “Joaquín Rebolledo 2023”, da adega Joaquín Rebolledo S.A. O segundo viño premiado foi “Viñaredo Mencía 2023”, da adega Santa Marta S.A.T., e o terceiro galardón foi para “Cascanueces 2022” da adega Arnadoval S.L.

Na entrega de premios estiveron presentes, entre outros, o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, o subdelegado do goberno en Ourense, Eladio Santos, e o alcalde do Barco, Alfredo García. Antes da entrega de premios, o cociñeiro e chef do Espazo Gastronómico Remollo, en Ames, A Coruña, Xosé Manuel Mallón, foi o encargado de levar a cabo un “showcooking” que tivo lugar a partires das 20:30 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información