Estes son os viños galegos premiados nos “Decanter World Wine Awards” 2026

Destaca a medalla de platino para “Aquinaria Albariño”, de Bodegas Aquitania, e o Best in Show “Selección de Añada Albariño”, de Pazo de Señoráns, ambas as adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Publicidade

DECANTER_VInhosOs viños galegos lograron un bo palmarés de premios nos ‘Decanter World Wine Awards’, un concurso internacional de viño que se celebrou en Londres (Reino Unido) en maio. Destaca a medalla de platino para “Aquinaria Albariño”, de Boddegas Aquitania, un viño da colleita 2025 que logrou 97 puntos, e o Best in Show “Selección de Añada Albariño 2015”, de Pazo de Señoráns, tamén con 97 puntos. Ambos os viños están amparados pola Denominación de Orixe Rías Baixas. 

Esta a listaxe completa dos viños galegos premiados neste certame:

Captura de pantalla 2026-06-17 161502 Captura de pantalla 2026-06-17 161534 Captura de pantalla 2026-06-17 161614 Captura de pantalla 2026-06-17 161628 Captura de pantalla 2026-06-17 161707 Captura de pantalla 2026-06-17 161721 Captura de pantalla 2026-06-17 161747 Captura de pantalla 2026-06-17 161826 Captura de pantalla 2026-06-17 161846 Captura de pantalla 2026-06-17 161906 Captura de pantalla 2026-06-17 161919 Captura de pantalla 2026-06-17 161941 Captura de pantalla 2026-06-17 161954 Captura de pantalla 2026-06-17 162015 Captura de pantalla 2026-06-17 162028

Decanter World Wine Awards

Os premios Decanter World Wine Awards (DWWA) celebraron este ano a súa 23ª edición. Desde a súa creación, os DWWA consolidaron a súa reputación como o maior e máis influente concurso de viños do mundo, aclamado polo seu rigoroso proceso de avaliación a cegas. Durante dúas semanas en maio, reuníronse ao redor de 250 dos expertos en viño máis prestixiosos do mundo, entre os que se inclúen críticos de renome, xornalistas, catadores galardoados e compradores de viño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información