Estes son os tres viños premiados na LXXII Festa do Albariño 2024

A medalla de ouro foi para Vionta (Ferrer Wines, Meaño), a de prata para Noelia Bebelia (Adegas Noelia Bebelia, Soutomaior) e a de bronce para Xión (Attis Adegas e Viñedos, Meaño).

Publicidade
Estes son os tres viños premiados na LXXII Festa do Albariño 2024

Un momento da cata da cata concurso da Festa do Albariño.

A XXXVI Cata Concurso Albariño Rías Baixas da Anada 2023 celebrou na mañá do pasado 2 de agosto a súa fase final no Parador de Cambados. Á coñecida como Cata Derradeira chegaron 14 dos 61 viños presentados a concurso, que destacaron polo seu equilibrio e tipicidade, segundo os expertos do panel de cata, que tamén coincidiron en destacar o gran nivel das marcas finalistas e a dificultade de seleccionar as tres gañadoras, que deron a coñecer o domingo día 4 de agosto.

Así, Isabel León, membro do equipo de cata e contidos da plataforma de viños Bodeboca (Madrid) e responsable da área de Galicia e grandes contas, asegurou que “partiamos de viños bos, equilibrados e con moita tipicidade. Foi unha cata moi complicada porque tes que buscar moito detalle. Viños moi ricos e persoalmente teño os meus cabalos gañadores, porque tiñan un equilibrio máximo, unha salinidade cuns toques de amargor que os alonga moitísimo, moita froita no nariz, un pouco de flores, cítricos, por suposto”.

Pola súa banda, Álvaro de Miguel, vicepresidente da Asociación de Catadoras de Castela-A Mancha e membro da Unión Española de Catadores (UEC), apuntou que “o que máis me gustou, sobre todo, é esa acidez que che convida a beber e a descorchar outra botella. Iso é o que interesa, que a xente teña un viño que lle gusta”. No seu primeiro ano na Festa do Viño Albariño de Cambados, mostrouse “moi sorprendido por todo, por atoparme as casetas, a xente na rúa, bebendo viño e, sobre todo, o túnel do viño. Ver mozos coa súa copa de viño indo dun lado a outro é algo totalmente distinto e un concepto moi bo”.

Finalmente, este domingo desveláronse os gañadores. A medalla de ouro foi para Vionta (Ferrer Wines, Meaño), a de prata para Noelia Bebelia (Adegas Noelia Bebelia, Soutomaior) e a de bronce para Xión (Attis Adegas e Viñedos, Meaño).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información