Estes son os tres viños galegos coa máxima distinción nos Decanter World Wine Awards 2022

Publicidade

Un total de 136 viños galegos recibiron recoñecementos nos últimos premios Decanter World Wine Awards, outorgados polos mellores expertos en viño de todo o mundo e cuxos resultados acaban de publicarse.

Sen embargo, só 3 lograron a máxima distinción, a medalla de Platino, cunha puntuación de 97 puntos: Trátase de “Vacamulo 2017”, un tinto da DO. Ribeira Sacra, en concreto da adega de Diego Rodríguez; “Mara Martín Godello 2021”, da Adegas Martín Códax, e amparado pola DO. Monterrei, e “Embaixador Albariño 2018”, da adega Attis, na DO. Rías Baixas.

Por denominacións, das 5 galegas estes foron o número de distincións logrados nos Decanter World Wine Awards 2022: 76 para a DO. Rías Baixas; 32 para a DO. Ribeiro; 14 para a DO. Ribeira Sacra; 10 para a DO. Valdeorras e 4 distincións para a DO. Monterrei.

Estes son os viños galegos premiados nos Decanter World Wine Awards 2022:

decanter 2022 ribeira sacra decanter 2022 VALDEORRAS decanter 2022 MONTERREI decanter 2022 RIBEIRO decanter 2022 RIAS BAIXAS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información