Estes son os síntomas da Flavescencia Dourada que fan necesario arrincar as videiras afectadas

Publicidade
Videira afectada pola Flavescencia Dourada

Videira afectada pola Flavescencia Dourada

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lembra a importancia de seguir as recomendacións obrigatorias para frear a expansión da enfermidade da Flavescencia Dourada, cuxa zona demarcada abrangue o sur da provincia. A doenza, procedente de Portugal, transmítese polo insecto cicadélido Scaphoideus titanus.

En concreto, Areeiro informa de que estamos dentro dos prazos establecidos pola consellería do Medio Rural para aplicar o último tratamento insecticida, dirixido xa ao control de adultos, “que seguen a caer nalgunhas das trampas instaladas na zona demarcada (= zonas infestada máis tampón) dentro do plan de erradicación da enfermidade, e esta semana tamén nunha das trampas que temos instaladas nós nunha viña de Salvaterra (dentro da zona tampón)”.

Os técnicos recordan que “na zona demarcada a loita contra a enfermidade é obrigatoria e que inclúe non só os tratamentos insecticidas fronte ao vector senón tamén outras medidas entre as que está a eliminación das plantas nas que se confirmou a presenza da enfermidade”.

Ademais, insisten en que “polo ben da nosa viticultura, é conveniente arrincar e destruír tamén aquelas plantas que amosen conxuntamente varios síntomas da enfermidade”, entre os que se atopan, nestes momentos:

– Follas reviradas cara o envés de forma triangular e con manchas, normalmente delimitadas polas nervaduras, de cor avermellada nas follas das variedades tintas e crema-amarelada metalizada nas de variedades brancas, coa posibilidade de que os nervios tamén se descoloren;

– Follas endurecidas e quebradizas que poden adquirir unha disposición en forma de tellas, superpostas unhas sobre outras, debido ao acortamento dos entrenós;

– Acios parcialmente secos e con maduración incompleta, ou totalmente secos e engurrados;

– Pampos decaídos, faltos de lignificación, flexibles e colgantes, que dan ao conxunto da cepa un aspecto chorón.

– Perda de follas e secado da planta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información