Estes son os mellores brancos e tintos distinguidos na XXVI Cata dos Viños de Valdeorras

Este ano participaron 20 adegas que aportaron 50 referencias; 29 de elas de variedades brancas e as restantes 21, de variedades tintas.

Publicidade

ENTREGA PREMIOS VALDEORRAS 2025O Complejo Hostelero Paladium, situado en Vilamartín de Valdeorras, foi o lugar escollido, un ano máis, para a celebración do acto de entrega de premios da XXVI Cata dos Viños de Valdeorras, na que participaron un total de 20 adegas, que aportaron 50 referencias. De elas, 29 foron viños de variedades brancas, sendo 19 da añada de 2024. As restantes 21, foron referencias de variedades tintas, 10 das cuais pertencen a viños da añada de 2024.

Na súa intervención, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, destacou que “para o Consello Regulador, todas as referencias son gañadoras, polo traballo realizado, e pola pelexa continua por sacar adiante cada colleita”, un resultado que, opina, é “fruto do labor continuada dun sector cuxa máxima é sempre a búsqueda da calidade nas súas marcas”.

Tamén puxo o acento Prada Ginzo, na importancia da celebración de eventos como a Gala de Entrega de Premios da XXVI Cata dos Viños de Valdeorras, que permiten, explicou, “visibilizar o traballo de adegueiros e viticultores, outorgándolles o protagonismo que merecen”. Ademais, subliñou, “contribúen a seguir apoiando ao sector vitivinícola, un dos motores máis importantes da nosa comarca e da provincia”.

Premios

A continuación, detáianse as adegas e viños que resultaron distinguidas na XXVI edición da Cata:

Viños brancos:

1º Premio- O Luar do Sil Godello 2024, Pago de los Capellanes, S.A
2º Premio- Joaquín Rebolledo Godello 2024, Joaquín Rebolledo, S.A.
3º Premio- O Luar do Sil Godello sobre lías 2024, Pago de los Capellanes, S.A.

Viños tintos:

1º Premio- Casal Novo Mencía 2024, Adega O Casal, S.L.
2º Premio- Mil Ríos Mencía 2024, Terriña, S.L.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía 2024, Joaquín Rebolledo, S.A.

Nesta ocasión, o Consello Regulador decidiu conceder un total de tres mencións especiais a viños de outras añadas:

Mención especial viños de outras añadas brancos:
Alento Godello 2023 – Bodega Roandi, S.L.

Mención especial viños de outras añadas tintos:
Quinta da Peza Oro 2023 – Adega Quinta da Peza, S.L
D´Berna “Ele” Garnacha Tintorera 2018 – Guitián y Blanco, S.C.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información