A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Estes son os cambios para a produción e transformación ecolóxica a partir do 1 de xaneiro

Estes son os cambios para a produción e transformación ecolóxica a partir do 1 de xaneiro

O 1 de xaneiro de 2022 empezarase a aplicar na Unión Europea a nova regulamentación –regulamento europeo 2018/848- sobre produción e transformación de alimentos ecolóxicos. Até agora a produción ecolóxica estivo regulada por normativas dos anos 2007 e 2008.

Cambios xerais:

Como resumo xeral, e tal e como informan dende o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), as novidades máis destacables da nova regulamentación son:

-Concreción de requisitos para produción de sementes xerminadas.

-Haberá listas de produtos de limpeza para produción vexetal e instalacións de transformación/almacenamento (pendentes de desenvolver).

-Posibilidade de certificación de grupos de operadores baixo requisitos concretos.

-Desenvolvemento de requisitos específicos para produción de cérvidos e cunicultura.

-Desenvolvemento de requisitos específicos para produción de polas e reprodutores para futuras galiñas poñedeiras e desenvolvemento de requisitos técnicos de galiñeiros e galiñeiros multinivel.

-Posibilidade de certificación do sal e outros produtos estreitamente vinculados ao sector agro como resinas, la, peles, cera de abellas, etc.

-Inclusión de material de reprodución heteroxéneo.

-Requisitos para concesión de recortes do período de conversión.

-Eliminación de fase final de engorde de bovino no interior de edificios sen acceso ao exterior.

-Inclusión do termo “Orgánico” como equivalente de “Ecolóxico” e “Biolóxico”.

A) Principais cambios a partir do 1 de xaneiro de 2021

1- Comerciantes polo miúdo:

-Os comerciantes polo miúdo que comercialicen produto a granel deberán estar certificados.

-As CCAA poderán eximir aos que vendan produto non envasado sempre que NON sexan pensos e con certos requisitos máximos de vendas.

2- Poderanse certificar

-Novos produtos: Fermentos, sal, capullos de seda, gomas e resinas naturais, cera de abellas, aceites esenciais, tapóns de cortiza, algodón sen cardar, la, peles, preparacións vexetais tradicionais de plantas.

-Novas especies animais, como coellos e cervos

-Grupos de operadores: Unicamente os formados por agricultores, produtores de algas ou animais de acuicultura e que, ademais poidan dedicarse á transformación, preparación ou comercialización de alimentos ou pensos. Con personalidade xurídica, comercialización conxunta e un sistema de control interno.

3- Control:

En caso de presenza de sustancias non autorizadas: bloqueo e investigación obrigatorios en caso de sospeita fundamentada e non uso de referencia a ecolóxico até resultado da investigación oficial.

4- Normas excepcionais de produción:

Haberá menos posibilidades de excepcións (incluídas as circunstancias catastróficas)

5- Produción animal:

Período de conversión para as zonas de exercicio de 12 meses (non poderá reducirse a 6)

Alimentación: prohibidos sustitutivos do leite materno.

As CCAA poderán autorizar o atado de animais en certas condicións.

6- Produción vexetal:

Relación cultivo e chan reforzada.

Poderase utilizar material de propagación heteroxéneo.

7- Elaboración:

Establécense uns requisitos para o uso de aromas

Só un período de 6 meses (renovable unha vez) para o uso permitido de ingredientes non ecolóxicos polas CCAA

Non haberá lista da UE para o uso de ingredientes non ecolóxicos

Cambios nas normas de produción de pensos. Prohibición de uso de nanomateriais artificiais.

B) Cambios para as gandarías en ecolóxico:

Para as gandarías en ecolóxico a nova normativa aféctalles nos seguintes apartados:

1- Certificación:

-Poderanse certificar novos produtos, como la e peles, e novas especies (coellos e cervos)

-O período de conversión para as zonas de pastos e espazos ao aire libre utilizados en especies non herbívoras será de 12 de meses.

2- En gandaría bovina:

-Prohibición do atado de animais en explotacións de máis de 50 vacas.

-Redución ao 25% de pensos en conversión.

-Aumento ao 70% como mínimo de alimentos producidos na propia explotación, a partir de xaneiro do ano 2024.

-A fase final de engorde non poderá facerse na propia granxa.

3- En gandaría porcina:

-Aumento ao 30% dos pensos que deberán proceder da propia explotación ou en colaboración con outros operadores da mesma rexión. Nos pensos proteicos o máximo é o 5%. 

-Poderanse utilizar pensos proteicos non ecolóxicos soamente en leitóns de até 35 quilogramos.

-Polo menos o 50% da zona ao aire libre estará ocupada por unha construción sólida.

4- En avicultura:

-Aumento ao 30% dos pensos que deberán proceder da propia explotacion ou en colaboración con outros operadores da mesma rexión.

-Nos galiñeiros e instalacións:

Os soportais non se terán en conta para o cálculo das superficies interior nin exterior.

A separación de compartimentos de aves de engorde que non sexan Gallus Gallus terán que ser por tabiques sólidos.

As zonas ao aire libre terán un radio non superior a 150 metros.

As zonas de engorde de polos deberán ter perchas ou lugares elevados para pousarse.

-Características de densidade e superficies mínimas para pais de gallus gallus para a produción de ovos para incubar futuras galiñas poñedeiras ou Gallus Gallus de engorde, pollitas e galos novos, aves para engorde.

-A densidade de aves de engorde de polos será só en peso.

5- En apicultura:

-Poderase usar cera non ecolóxica sempre que non teña sustancias non autorizadas e proceda de opérculos.

6- Normas de produción para coellos:

Normas de alimentación:.

-Polo menos o 70% dos pensos procederá da propia explotación ou se producirá en colaboraci6n con outras unidades de produción ecolóxica ou en conversión.

-Os coellos terán acceso a pasteiros sempre que as condicións o permitan.

-Os sistemas de cría baseásense na utilización máxima dos pastos.

-A forraxe constituirá, polo menos, o 60% da dieta. Forneceranse alimentos con fibra como a palla ou o feno cando a herba non sexa suficiente.

Normas de aloxamentos e practicas pecuarias:

-O aloxamento disporá dunha zona cómoda, limpa e enxoita para durmir ou descansar, construída con materiais sólidos que non sexan de rexilla. As camas conterán palla ou outros materiais naturais adecuados.

-Os coellos manteranse en grupos.

-As granxas de coellos deberán utilizar razas resistentes adaptadas ás condicións da vida ao aire libre.

-Os coellos terán acceso a refuxios cubertos con lugares escuros, curral exterior con vexetación, plataforma elevada tanto dentro como fose e a material de nidificación.

6- Normas de produción para cervos:

Normas de alimentación:

Polo menos o 60% dos pensos procederá da propia explotación. Aumentarase esta porcentaxe até 70% a partir do 1 de xaneiro de 2024.

Os animais terán acceso a pasteiros sempre que as condicións o permitan.

Os sistemas de cría basearanse na utilización máxima dos pastos

Polo menos un 60% da materia seca que compoña a ración diaria dos cérvidos estará constituída de forraxes.

Deberá garantirse o pasto natural nun recinto.
Os animais criados nun recinto deberán dispor de auga limpa e fresca.

Normas de aloxamentos e practicas pecuarias:

-Os cérvidos deberán dispor de refuxios, zonas cubertas e valos que non danen aos animais

-Nos recintos para cervos vermellos, os animais deberán poder revolcarse no barro

-Todo aloxamento terá os chans lisos, pero non esvaradíos

-As zonas nas que se alimentan deberán situarse en lugares protexidos da intemperie e deberán ser accesibles.

-Se non puidese garantirse un acceso permanente á alimentación,
as zonas de alimentaci6n estarán deseñadas de tal maneira que todos os animais poidan alimentarse simultaneamente.

C) Producións vexetais:

Nas producións vexetais, os principais cambios a partir do 1 de xaneiro para a produción certificada en ecolóxico son:

1- Certificación:

Posibilidade de certificación de grupos de operadores

2- Fertilidade do chan:

-Na obrigación de incrementar a fertilidade do chan con leguminosas especifícas e que teñen que ser cultivo principal nas rotacións.

-No caso de invernadoiros e cultivos perennes (distintos de forraxes), tamén será necesario incluír cultivos de abono verde e leguminosas a curto prazo e introducir diversidade vexetal.

-En todos os casos será obrigatoria a aplicación de esterco de gando ou materia orgánica.

-Os cultivos ecolóxicos, excepto os que se cultivan en auga de forma natural, produciranse en chan vivo, ou en chan vivo mesturado ou fertilizado con materiais e produtos permitidos na produción ecolóxica, en relación co subsolo e a rocha nai.

3- Control de pragas e enfermidades:

-Por primeira vez menciónanse técnicas como a biofumigación ou a solarización para a prevención de danos causados por pragas e malezas.

-Haberá unha lista de produtos para a limpeza e desinfección de instalacións de produción vexetal.

-Admítense explicitamente os coformulantes de produtos fitosanitarios rexistrados de materias activas autorizadas.

4- Produción de sementes xerminadas:

-Para a produción de sementes xerminadas (brotes e berros), poderase usar medio inerte (de sustancias autorizadas) destinado unicamente a manter as sementes húmidas.

5- Material de reprodución vexetativa (MRV):

-Nova definición do termo MRV: Non só sementes, tamén plántulas, esquexes, etc.

-Cultivos perennes: O portainxerto debe ser ecolóxico por polo menos unha xeración durante dúas tempadas de crecemento.

-Será posible vender MRV en conversión tras 12 meses (non para plántulas).

-Será posible a venda de material de reprodución vexetativa orgánico heteroxéneo sen ter en conta os requisitos de rexistro e a certificación de material prebásico.

D) Cambios para os operadores:

Para o grupo de operadores as novidades que se aplicarán desde o próximo mes son:

1- Requisitos que debe cumprir o grupo de operadores:

-Establecer un sistema conxunto de comercialización para os produtos que produce o grupo.

-Composto só por agricultores ou operadores que produzan algas ou animais de acuicultura, e que, ademais, poidan dedicarse á transformación, preparación ou comercialización de alimentos ou pensos.

-Establecer un sistema de controis internos (documental e procedementos de control).

-Debe haber unha persoa ou organismo que se encargue de comprobar o cumprimento da normativa por cada un dos membros do grupo.

-Os membros teñen que desenvolver a súa actividade en lugares próximos xeográficamente.

-Os incumprimentos individuais de membros do grupo poden dar lugar
á retirada do certificado de conformidade á totalidade do grupo.

2- Requisitos individuais para ser membro dun Grupo de Operadores:

-Que teñan explotacións dun máximo de:

5 hectáreas.
0,5 hectáreas, no caso de invernadoiros.
15 hectáreas, exclusivamente no caso de pastos permanentes.

-Estar establecido nun estado membro ou nun terceiro país;

-Dispor de personalidade xurídica;

-Custo de certificación individual > do 2% do volume de negocios de cada membro e:

Volume de negocios de produción ecolóxica anual < 25000 EUR ou
Produción estándar de produción ecolóxica < 15000 EUR ao ano.

-Os incumprimentos individuais de membros do grupo poden dar lugar
á retirada do certificado de conformidade á totalidade do grupo.

E) Produtos transformados (alimentos, pensos e novos alcances):

En produtos ecolóxicos transformados as modificacións normativas que entrarán en vigor o 1 de xaneiro son:

-Inclúese aos produtos transformados en conversión nas normas de separación e limpeza, onde antes só incluíase a produtos transformados ecolóxicos e non ecolóxicos.

-Nas normas do sector vitivinícola sucede o seguinte cambio:

·Para o uso de tratamentos térmicos de acordo co anexo I A, punto 2, do Regulamento (CE) n. ou 606/2009. A temperatura máxima que non se pode superar pasa dos 70ºC aos 75ºC.

-Poderanse certificar como ecolóxicos estes novos produtos:

·Fermentos destinados ao consumo humano ou animal,
·Herba mate, follas de vide, palmeira anana, brotes de lúpulo e outras partes comestibles similares de plantas e produtos obtidos das mesmas,
·Sal mariño e outros sales para alimentación e pensos,
·Capullos de seda aptos para o devanado
·Gomas e resinas naturais,
·Cera de abellas,
·Aceites esenciais,
·Tapóns de cortiza natural, non aglomerados e sen sustancias aglutinantes,
·Algodón sen cardar nin peitear
·La sen cardar nin peitear,
·Peles en bruto e peles sen tratar,
·Preparacións vexetais tradicionais a base de plantas.

-Incluíuse unha listaxe de produtos autorizados para a limpeza e desinfección en edificios e instalacións de produción vexetal.

-Para algúns dos novos alcances, hanse de detallar normas de produción específicas. Mentres tanto acóllense ás normas de produción dos produtos transformados.

Reportaxe elaborada por Campo Galego coa colaboración comercial do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

nuevo logo craega EU_Organic_Logo_Colour_OuterLine_rgb copia feader MAPA.Gob marca-positivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *