Estes son os 6 mellores meles galegos do 2020

Estes son os 6 mellores meles galegos do 2020

A marca “O Poder das Flores”, de Javier Carreiras Cuadrado, e o mel de breixo “Ouro Puro”, do produtor Iván Marrube Rodríguez, ambos procedentes de Alfoz —Lugo—, alzáronse coas distincións de ouro nas categorías mel multifloral e mel monofloral, respectivamente, durante a XIX Cata dos Meles de Galicia.

A entrega de premios celebrada esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, estivo presidida polo conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, e nela tamén se darían a coñecer os premiados na XXIII Cata dos Queixos de Galicia.

Iso si, non foron os únicos meles que puideron volver á casa cun galardón baixo o brazo. Na categoría de meles multiflorais, “Mel O Cortizo”, de Avelina Calvo Munín —Lalín— facíase coa distinción de prata; mentres que o bronce recaía en “O Trobo Mel do Valadouro”, de Mª Fe Sixto Pernas —Valadouro—.

No que concirne aos meles monoflorais con etiqueta Mel de Galicia, “Meles JS”, da viguesa Souto Vivo, C.B., recibía o galardón de prata polo seu mel monofloral de queiroga. O bronce recaería no mel de castiñeiro “Mel O Testeiro”, da produtora María Munín Taboada —Lalín—.

Unha entrega de premios diferente

Co obxecto de cumprir de forma rigorosa coas medidas sanitarias e de aforo pertinentes, a XIX Cata dos Meles e a XXIII Cata dos Queixos celebrábase dividindo a entrega en tres bloques e reducindo ao máximo o número de persoas asistentes, de tal forma que fose absolutamente segura para todos os presentes. Do mesmo xeito, foi retransmitida por primeira vez en directo vía streaming para que todos os que quixesen puidesen seguila dende calquera dispositivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información