Tres viños da Denominación de Orixe Rías Baixas e un da Denominación de Orixe Valdeorras obtiveron o Gran Bacchus de Ouro, o máis importante galardón que se outorga nos prestixiosos Premios Bacchus, organizados pola Unión Española de Catadores.
No caso da DO Valdeorras trátase de A Cercada 2024, de Adegas Santa Marta S.A.T., e os tres Rías Baixas que lograron a máxima distinción foron “Depende Albariño 2023”, da adega Cavas J.Hill S.A.; Albariño Barrica Eido da Fonte 2022, de adega Eido da Fonte S.L., e Paco & Lola Prime 2021, da adega Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G.
Ademais, na categoría de gintos, os dous únicos Bacchus de Ouro outorgados a viños galegos tamén foron a recaer en dúas referencias valdeorresas. Mencía Alan de Val 2024, de Adega Alan de Val S.A.T., e Costeira 2024, de Adega Viña Costeira SCG, foron os seleccionados.
Premios Bacchus
Os Premios Bacchus son o único concurso recoñecido pola Organización Internacional de la Viña y el Vino (OIV), de todos os que se celebran en España.
De feito, non hai ningún evento que consiga reunir, durante catro xornadas, ao elenco de expertos catadores que conforma o panel de xuíces dos Premios Bacchus. Máis dun centenar son os nomes propios que engaden á súa profesionalidade e experiencia, a diversidade da súa procedencia. Xornalistas especializados, sumilleres, enólogos, Masters of Wine, Masters of Sommelier… Unha selección de luxo para evaluar e recoñecer a calidade dos viños de todo o mundo que participan.