Estes son os 27 beneficiarios das axudas da Xunta para a adquisición de maquinaria agrícola en común

Ensilado-Cobideza-2020_--A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas para o fomento de uso de maquinaria agrícola en común, que se resolven cun orzamento de 3,6 millóns de euros para 27 cooperativas, despois da ampliación de crédito realizada. Esta é a segunda convocatoria sobre a materia, e que se suma aos beneficiarios da primeira, un total de 34 entidades e 2,4 millóns de euros de investimento.

Estas achegas teñen como obxectivo promover a utilización e equipamentos agropecuarios en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías. Ademais, favorecen a racionalización dos custos de mecanización, incrementan os mecanismos de seguranza no traballo, reducen as emisións contaminantes e fomentan o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Estas subvencións, que van destinadas a cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (SAT) procedentes de fusión, supoñen para estas entidades unha importante redución dos seus custos de produción. Así, o importe de axuda que pode recibir cada beneficiario é do 35 % dos custos da maquinaria, con posibilidade de incrementalos ata un máximo do 50 %.

Captura de pantalla 2025-10-31 122316 Captura de pantalla 2025-10-31 122354

Ligazón á resolución no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información