Este domingo, 4 de decembro, celébrase no concello coruñés de Mazaricos a edición número catorce da Poxa de Xovencas Memorial José Moreira, que pon o broche final á xa tradicional Semana Gandeira.
A cita será a partir das 11:00 horas no recinto feiral da Picota e sairán a poxa 24 animais (17 primeirizas e 7 xovencas preñadas) procedentes de ganderías de Mazaricos e da comarca socias de Africor Coruña. Durante a poxa sortearanse máis de 2.000 € en premios entre todas as persoas asistentes.
Velaquí o listado completo de animais que sairán á venda e o seu pedigrí: