Estes son os 19 proxectos que aspiran a captar fondos da Xunta para innovar no sector agroalimentario e forestal

O III Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario avaliará un total de 19 proxectos piloto executados ao abeiro da convocatoria do ano 2020, no marco dunhas axudas que o ano pasado contaron cun orzamento de 2,4 millóns de euros

Estes son os 19 proxectos que aspiran a captar fondos da Xunta para innovar no sector agroalimentario e forestal

O conselleiro do Medio Rural, José González, inaugurou hoxe o III Foro de innovación produtiva do sector agrario, que se celebrou hoxe no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude. O obxectivo desta cita é presentar os resultados de diferentes iniciativas apoiadas pola Consellería do Medio Rural.

En total, valoraranse 19 proxectos piloto, para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, aprobados na convocatoria do ano 2020 e que podían desenvolverse ata o ano 2022. O ano pasado esta convocatoria acadou un orzamento de 2,4 millóns de euros

Deste xeito, un comité de selección, presidido polo director xeral da Axencia da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, avaliará ao longo do día diversos proxectos que foron presentados polos seus promotores nun formato áxil (dispoñen dun máximo de dez minutos), para seleccionar ata tres que merezan unha mención especial pola súa clara vocación de transferencia cara ao sector agroalimentario galego. É dicir, co fin de trasladar ao eido produtivo as innovacións e melloras que precisa para incrementar a súa competitividade.

Ademais, os promotores teñen a esixencia de identificar, en cada proxecto, os obxectivos de desenvolvemento sustentable aos que dá resposta e explicar de que maneira estas iniciativas poden contribuír ao crecemento da actividade produtiva dende un punto de vista social, económico e ambiental.

Para avalialos teranse en conta algunhas cuestións como o seu ámbito territorial, o problema que se pretende resolver ou a mellora que se busca, a aplicabilidade ao sector produtivo do rural galego e os obxectivos de desenvolvemento sostible que resolve, entre outros.

Entre as iniciativas participantes neste foro atópanse varias vinculadas ao desenvolvemento de produtos novidosos para a obtención de produtos cárnicos, a posta en valor de produtos galegos a través da cociña retornada e incluso a elaboración sostible de paneis para xardinería vertical, entre outros.

proxectos agacal 2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información