Estes son os 19 animais que se poxarán este domingo en Santa Comba

Santa Comba (A Coruña) celebra esta fin de semana a súa 26ª Poxa de Gando Frisón. O programa de actividades comezará o venres coa xornada técnica, organizada pola Cooperativa Xallas e Africor Coruña, en colaboración co Concello de Santa Comba, a Deputación da Coruña, a ADSG Santa Comba e a Xunta de Galicia.

O sábado de 10:00 a 14:00 horas darase entrada aos 19 lotes de animais que poxarán o domingo no Recinto Feiral Multiusos de Santa Comba. O domingo, ás 11:00 horas, iniciarase a poxa dos animais organizada polo Concello de Santa Comba e Africor A Coruña. Cada animal será exhibido ante o público asistente cun prezo de saída fixado conxuntamente, polo propietario de cada animal e a Comisión Organizadora.

Os actos concluirán o mesmo domingo coa segunda edición da xornada de introdución á poda de enxerto, que será no mesmo espazo ás 17:00 horas.

Consulta o catálogo completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información