A XVI Poxa de Xovencas de Raza Frisona-Memorial José Moreira contará con 19 lotes de animais. O evento terá lugar o domingo 1 de decembro ás 11.00 horas no Recinto Feiral da Picota.
Xa durante o sábado se poderá visitar a exposición de xovencas no recinto e o domingo, durante a poxa, haberá sorteo de varios regalos, valorados en 2.000 euros.
En canto ás normativas, que se poden consultar no catálogo, cabe puntualizar que o prezo de saída será fixado, conxuntamente, polo propietario de cada animal e a Comisión Organizadora. E tamén que cada poxa significará un incremento de 50 euros sobre o valor existente.