Este domingo, 6 de xullo, celebrarase no Lalín Arena, no marco de FEIRADEZA, a XVII Poxa Gando Frisón, organizada polo Concello de Lalín, xunto con Africor Pontevedra, a Deputación Provincial de Pontevedra e as ADSG provinciais.
A subasta comezará ás 12 horas e nela sairán á poxa 18 animais: 17 primeirizas recén paridas ou xa en lactación e inseminadas con seme sexado e 1 vaca de segundo parto. Todas elas proceden de Finca Mouriscade, a granxa da Deputación de Ponvedra que nas últimas probas de CONAFE, do mes de xuño, situouse como a quinta explotación por ICO a nivel de España, con 1183 puntos de media.
No catálogo tamén se inclúen dúas xovencas preñadas que se sortearán entre os participantes.
Dende a organización destacan que “todos os animais son de alta valoración xenética e con todas as garantías sanitarias. As nosas poxas son recorrentes porque hai unha gran satisfacción cos animais comprados, xa que a fin de contas o obxectivo de Finca Mouriscade, que sempre está nos primeiros postos en xenética a nivel español, non é gañar cartos con estas poxas senón axudar ao sector gandeiro”.
Velaquí o catálogo completo de animais:

Galego









Control OJD