Este sábado 25 de xaneiro celebrarase a terceira edición da poxa de gando frisón do municipio lugués de Friol, organizada por Africor Lugo en colaboración co concello. A poxa comezará ás 12:00 horas no mercado gandeiro da localidade.
Na subasta participarán 8 ganderías de toda a provincia cun total de 16 animais: 11 vacas paridas e 5 xovencas. Os compradores recibirán como obsequio tres doses do touro Milord e outras 3 de Strofa, grazas á colaboración de Xenética Fontao.