O vindeiro sábado, 14 de marzo, celebrarase no concello lugués de Chantada a Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Lugo, o concello chantadino e a cooperativa AIRA.
A poxa celebrarase no Mercado Gandeiro a partir das 12:00 horas.
Dende Africor Lugo salientan as vantaxes que estas poxas teñen para os vendedores:
-Poxas publicitadas
-O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
-Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
-Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
-Concentración de compradores
-Publicidade para a gandería
Pero tamén para os compradores:
-Concentración da oferta
-Garantías sanitarias
-Animais procedentes de explotacións cercanas
-Información xenealóxica completa
-Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
-Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao
Este son os 14 animais que sairán a venda:

Descarga aquí o catálogo da poxa
Galego









Control OJD