Estes son os 13 Augardentes e Licores galardoados coas Distincións Gallaecia 2022

Publicidade
Estes son os 13 Augardentes e Licores galardoados coas Distincións Gallaecia 2022

A Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia deu a coñecer o veredicto da súa cata de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia deste ano.

Nesta edición participaron 17 empresas con 50 mostras amparadas nas Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Das 50 referencias presentadas a este certame anual, un total de 13 superaron a puntuación de 86 sobre 100, sendo recoñecidas coas Distincións Gallaecia 2022.

O panel de cata formado por 10 expertos outorgou o galardón a dous destilados Bagazo de Galicia; dous Bagazo de Galicia Envellecido; un Augardente de Herbas de Galicia; catro Licor de Herbas de Galicia; e 4 Licor Café de Galicia.

Desde a asociación de catadoras valoraron moi positivamente o alto nivel de calidade dos destilados presentados a esta edición. Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador, José Antonio Feijóo, quixo agradecer á asociación de catadoras o seu gran labor na posta en valor da calidade dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia mediante estes recoñecementos anuais.

Destilados premiados

Desagregados por Indicación Xeográfica e tipo de produto, os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que recibiron as Distincións Gallaecia 2022 son os seguintes:

 

1) Orujo de Galicia

a) Orujo de Galicia
Pazo Pondal (Pazo Pondal S.L.)
Tamtum (Orujos y Licores Augavella S.L.)

b) Orujo de Galicia Envejecido
Fillaboa (Bodegas Fillaboa S.A.)
Mosteiro de Xagoaza (Bodegas Godeval S.A.T.)

2) Aguardiente de Hierbas de Galicia

Viña Armenteira (Lagar De Fornelos, S.A.)

3) Licor de Hierbas de Galicia

Marqués de Marialva (Nor Ibérica De Bebidas, S.L.)
Mosteiro de Xagoaza (Bodegas Godeval, S.A.T.)
Pazo de Valdomiño (Pazo De Valdomiño, S.A.)
Terras de Lantaño (Viña Cartín, S.L.)

4) Licor Café de Galicia

Fonte do Frade (Pazo de Valdomiño S.A.)
Lúa de Costeira (Viña Costeira, S.C.G.)
Tamtum (Orujos y Licores Augavella, S.L.)
Terras de Lantaño (Viña Cartín, S.L.)

Distincións Gallaecia

As Distincións Gallaecia son uns recoñecementos anuais da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia que valoran mostras de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, así como viños das cinco Denominacións de Orixe da comunidade autónoma.

A asociación está integrada por máis de cen catadores das catro provincias galegas. Unha das principais accións que desenvolve é, precisamente, este concurso que xa vai pola súa vixésima edición e que cada vez conta con maior número de mostras participantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información