Este sábado iníciase a vendima na Ribeira Sacra

Publicidade
Este sábado iníciase a vendima na Ribeira Sacra

Vendima na Ribeira Sacra

Este sábado inicia a vendima a primeira adega en Ribeira Sacra, iniciándose así a Campaña 2015 de recollida de uva na denominación de orixe. A primeira adega en iniciar a vendima é Mª Otilia Arias García, pertencente á subzona de Amandi, no municipio de Sober (Lugo),

Esta adega obtivo permiso para iniciar a vendima debido ás características e situación dos seus viñedos que fan que a uva cumpra os parámetros esixidos polo Consello Regulador para poder iniciar a recollida de uva. Dende o pasado luns os técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra están a realizar os controis de maduración en diferentes parcelas das cinco subzonas da denominación de orixe. Estes controis axudasen a que nos próximos días, cando se reúna o Pleno do Consello Regulador, se fixe a data oficial recomendada para o inicio da vendima.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información