Este martes celébrase o Encontro de Dinamización Rural en Clave de (Re)

ENCONTRO_RURAL_SLG_MOCIDADE

Cartaz do encontro

O Sindicato Labrego Galego organiza este martes, 14 de outubro, en Vilar de Santos (Ourense) o Encontro de Dinamización Rural en Clave de Re. Será ás 16:00 horas na Arca de Noe.

Dende a organización aseguran que o encontro está dirixido “á mocidade labrega en particular e para toda a mocidade en xeral que mira para o rural como un medio de vida e que precisa vías e solucións colectivas para canalizar proxectos, ideas, inquedanzas e camiños comúns”.

“Precisamos iniciativas para un medio rural vivo, sostible e con futuro e este encontro trata de ser iso”, engaden dende o SLG. Xunto ao de Vilar de Santos celebraranse outros catro encontros en Compostela, Lalín, Betanzos e Lugo e unha xornada final para ir dando solucións aos diferentes problemas que as labregas mozas detecten nos encontros.

Máis información neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información