Este luns a Xunta publicará a convocatoria das axudas para plans de mellora e incorporación ao agro

Contarán cun orzamento de 53 millóns dos que 23 millóns van destinados a apoiar a incorporación de mozos, mentres que os 30 millóns restantes serán para os plans de mellora asociados

conselleira MEDIO RURAL LABRADA_2A Consellería do Medio Rural anuncia que publicará o luns, día 9, no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria para favorecer a remuda xeracional no agro e impulsar a súa modernización. Está dotada cun orzamento de 53 millóns de euros, dos cales 23 millóns irán destinados a apoiar a incorporación de mozos, mentres que os 30 millóns restantes serán para os plans de mellora asociados a estas incorporacións. Así o anunciou a titular deste departamento, María José Gómez, nunha visita á explotación Castro Paz, situada no concello lucense de Guitiriz, e que foi beneficiaria desta partida.

“Trátase da convocatoria máis ampla en orzamento dende o ano 2018”, destacou a conselleira, e asegurou que “con ela se pretende favorecer a incorporación non só de novos solicitantes, senón tamén daquelas persoas que pediran a achega na anterior, correspondente ao ano 2025”.

Tal e como explicou Gómez, “estes mozos non terán que presentar unha nova solicitude e os criterios, como poden ser os prazos dos investimentos ou a idade máxima permitida, contarán segundo a data de presentación do ano pasado. É dicir, garántense as mesmas condicións”. “Esta convocatoria, ampla e conxunta, responde á necesidade de dar resposta á alta demanda rexistrada na do ano 2025, con máis de 460 solicitudes entre ambas actuacións”, destacou a conselleira.

Explotación Castro Paz

María José Gómez sinalou a explotación Castro Paz, que se dedica ao vacún de leite e conta con 182 animais de razas frisona, como todo un referente no sector primario, que demostra á perfección o bo facer dos gandeiros da comunidade. Seguindo esta liña, enxalzou o labor de Susana e Rubén, socios da granxa, que co seu traballo contribúen de xeito directo a que Galicia sexa un referente neste eido, especialmente no lácteo. De xeito máis concreto, e no marco da véspera do 8M, enxalzou a Susana, como unha moza traballadora que apostou polo medio rural e que se incorporou ao agro a través das achegas convocadas pola Consellería.

Convocadas las ayudas de incorporación al campo y planes de mejora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información