Este fin de semana celébrase a XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Publicidade
Este fin de semana celébrase a XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Este fin de semana celébrase no concello ourensano do Barco a XVIII Feira do Viño de Valdeorras. Segundo o presidente do Conselo Regulador, José Vicente Solarat esta feira está pensada para que sexa “un acto lúdico festivo de exposición dos viños desta bisbarra”.

Paralelamente celébrase a XVI Cata dos Viños da Feira, que se realiza entre hoxe e mañá, e cuxos gañadores se darán a coñecer o domingo. Os premiados serán ademais os protagonistas da cata popular que dirixirá a sumiller galega, Mercedes González. A feira celebrarase este ano na Praza de Viloira do Barco de Valdeorras.

Programa da XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Xoves e venres, 9 e 10 xullo:
– XVI Cata dos Viños da XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Sábado, 11 xullo:
12:30 horas: Inauguración da XVIII edición da Feira do Viño de Valdeorras. Pregón inaugural na Praza de Viloira, a cargo de Julián Villamarín Rodriguez.

13:00 horas: Apertura do Recinto Feiral e posterior actuación da Charanga N.B.A. “Non Bebemos Auga”.

14:30 horas: Peche do recinto feiral.

19:30 horas: Reapertura do recinto e actuación da Charanga N.B.A.

21:00 horas: “Festival VALDEORROCK”

Actuacións de:
– Jurassic Rock Dj
– “THE MORGANS”: Grupo de Rock&Roll con toques británicos e alternativos que respira aires dos 70, 80 e ata dos 90.
– “Bon Scott Revival Show”, banda tributo clónica que repasa todos os éxitos da mítica banda australiana AC/DC.

Domingo, 12 xullo
12:30 horas: Apertura do recinto feiral

13:00 horas: Entrega dos premios da XVI Cata de viños da Feira do Viño

13:30 horas: Cata popular dirixida pola sumiller Mercedes González no recinto feiral.

14:30 horas: Peche do recinto feiral

19:30 horas: Apertura do recinto feiral

23:00 horas: Clausura da XVIII Feira do Viño de Valdeorras

TREN TURISTICO DÁ FEIRA “Valdeorras expreso”:

Durante os días 11 e 12 de xullo haberá un tren turístico gratuítopara o traslado de visitantes á feira.
Percorrido: Polideportivo municipal de Calabagueiros- Hospital Comarcal Valdeorras-Praza do Concello do Barco- Praza de Viloira.

Funcionamento: o tren funcionará en percorridos de ida e volta durante o horario de apertura da feira.

Parque de actividades infantís:

-Lugar: Xardíns Casa Grande de Viloira
Días e horarios:
– Sábado día 11: A partir de 19:30 horas
– Domingo día 12: Mañá: 12:30 a 14:30 horas. Tarde: a partir de 19:30 horas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información