Este domingo celébrase en Vilaboa a 4ª Romaría de Produtos do Campo

Este domingo celébrase en Vilaboa a 4ª Romaría de Produtos do Campo

Cartaz da xornada

Este domingo, 17 de xullo, celebrarase no concello pontevedrés de Vilaboa a 4ª Romaría de Produtos do Campo, que terá lugar en Postemirón. Unha cita onde se dá oportunidade de promocionar os pequenos agricultores da zona e os artesáns que dalgún xeito están vinculados ao campo.

A organización corre a cargo de A Veiga do Palheiro, da Asociación de Veciños e do Concello de Vilaboa. En total participarán 35 postos de agricultores e artesáns.

A cita deste ano está adicada á apicultura, polos múltiples e beneficiosos servizos que prestan as abellas á agricultura. Así, ao longo da xornada, haberá un obradoiro para a elaboración de cosmética derivada da colmea, a cargo de Apicultura Alteia; e na mesma liña, na parte da mañá, haberá unha intervención sobre o “ O papel das abellas na agricultura” a cargo de Xesús Asorey, Presidente da Asociación Galega de Apicultura. E outra charla a cargo da asociación Abellas Nais, de Celanova, sobre “ Os beneficios da colmea para a saúde humana”

Ao longo de todo o día, a parte da venda de produtos do campo, de artesanía, de apeiros de labranza, de comestibles, etc, haberá actuacións musicais e xogos populares para nenos e maiores.

Para calquera dúvida ou máis información poden chamar ao 645464700 (Tareixa) ou en aveigadopalheiro@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información