“Este ano será imprescindible secar ben as patacas no almacén por medio da aireación”

Entrevista a Servando Álvarez Pousa , director técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, pertencente ao INORDE (Deputación de Ourense) , e referente no asesoramento técnico aos produtores de pataca.

Publicidade
Servando Álvarez Pousa, director del Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia

Servando Álvarez Pousa, director del Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia

Con case o 60% da colleita de pataca na Limia aínda sen recoller a causa das copiosas choivas das últimas semanas, os produtores da comarca afrontan perdas millonarias en caso de que non se podan recolectar e conservar ben no almacén. Falamos con Servando Álvarez Pousa , director técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, pertencente o INORDE, e referente no asesoramento técnico aos produtores para coñecer a situación actual na comarca.

A campaña da recollida da pataca iniciouse con boas expectativas pero a meteoroloxía está a condicionar moito a colleita. ¿Canta pataca se leva recollido a día de hoxe na LImia e como están sendo os rendementos tanto en cantidade como en calidade?
A día de hoxe lévase recollido entre o 40-45% da superficie sementada de patacas. Os rendementos son inferiores a anos anteriores precisamente pola problemática que está a haber nas parcelas asolagadas con dificil ou imposible acceso. A calidade en canto a materia seca e características organolépticas son óptimas pero o agricultor deberá facer un esforzo importante en canto o mantemento da pataca unha vez ésta chegue ó almacén para evitar as coñecidas precisamente como “enfermedades de almacén”, baseadas no proliferación de bacterias e fungos. Para evitalas será imprescindible tratar de secar as patacas por medio de aireación.

“Este ano será imprescindible secar as patacas no almacén por medio de aireación”

-Como ve as perspectivas de colleita do máis do 50% que queda no campo?
Será imprescindible seguir de cerca a evolución das chuvias das próximas semanas. Se se cumpren as previsións e a próxima semana o tempo ven seco, é posible que o porcentaxe de recollida alcance o 60% pero inda quedaría no campo outro 40%, o cal segue sendo un problema importante para toda a comarca.

-De cantas perdas económicas poderíamos estar a falar para os agricultores da Limia?
A día de hoxe, e según dixemos anteriormente, quedan aproximadamente o 60% das fincas sen recoller, o que supón alrededor de 2000 hectáreas adicadas ó cultivo da pataca. Estamos falando dunhas perdas en torno ós 24 millóns de €. Pero non só importa o que o agricultor deixa de gañar senón que, a estas perdas, temos que sumar tamén o investimento aproximado de 6000€/ha que cada agricultor fixo na sementeira.

-Na súa longa experiencia no sector,  viu algo semellante algún ano?
Nunca. O de este ano é algo que xamais vira na miña experiencia neste sector. Si recordo algún ano no que quedaran aproximadamente unhas 500 ha sen recoller pero nunca algo destas dimensións.

-¿Que problemas supón a nivel sanitario e de conservación que a pataca estea tanto tempo na terra húmida?
Os problemas que comentamos anteriormente deberanse sobretodo á posible aparición de enfermidades típicas de almacen (bacterias, fungos) polo que é fundamental a separación de lotes das distintas patacas recollidas así como secalas e mantelas secas con aireación.

-Nestas condicións de colleita difíciles, que recomendacións daría tanto á hora de apañala como de almancenala?
Neste punto o agricultor debe decidir se esperar a que veña un novembro seco e poda acceder ás parcelas e polo tanto facer a recollida ou pola contra arriscarse a que o tempo siga esta dinámica chuviosa e non poder facelo. 

-Fálase de que esta situación recorrente de asolagamento das leiras na Limia podería ter evitado cunha boa rede de drenaxe. Concorda con esta reflexión?
Inda que dende a desecación da lagoa houbo un posible abandono en canto a limpeza dos canais impedindo un correcto desaugamento, tanto as chuvias da primavera, como estas chuvias que comezaron en setembro supoñen unha situación excepcional.

-Que leccións considera que deberíamos sacar para no futuro facerlle fronte mellor a situacións climáticas como esta, de primaveras chuviosas que atrasan a sementeira e setembros ou outubros con moita precipitación? Habería que recuperar o cultivo da pataca en zonas máis altas da Limia , con menor riscos de asolagamento?
Poderíase optar por variedades de ciclo máis corto pero non existe un mercado que as absorba. As fincas situadas en zonas altas son parcelas máis pequenas, onde non existe regadío e non pode compararse de ningún xeito coa extensión adicada ao cultivo na zona da Limia. De todos xeitos, estas condición climatolóxicas de primaveras e outonos moi chuviosos forman parte do cambio climático que estamos a vivir e pode ocurrer que esta situación vira para quedarse.

Con todo e isto, “as parcelas están onde están e a súa situación non podemos cambiala”. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información