Estas son nas novidades para o sector forestal que o Grupo Torneiro presentou en Galiforest 2026

Juan Maceiras, responsable técnico e comercial de Grupo Torneiro

Juan Maceiras, responsable técnico e comercial de Grupo Torneiro

Torneiro Maquicoruña presentou en Galiforest 2026 unha ampla selección de maquinaria e solucións dirixidas ao sector forestal, no que esta empresa galega ofrece tanto venda como aluguer de equipos. Entre as máquinas expostas, destacaron as escavadoras e mixtas Hidromek, vehículos multiusos Corvus, procesadores forestais, rozadoras teledirixidas, rodaxes BYG e outros implementos e accesorios orientados a traballos no monte.

Juan Maceiras, responsable técnico e comercial de Grupo Torneiro, destaca a gran acollida que tiveron, en especial tres produtos: a maquinaria Hidromek, os vehículos de transporte Corbus e os robots de desbroce.

“O noso produto estrela para forestal é a excavadora Hidromek de 24 toneladas á que lle podemos incorporar un talador, procesador ou calquera tipo de implemento. A salientar as súas prestacións, cunha gran capacidade hidráulica e moi versátil para todo tipo de terreos, como puideron comprobar os visitantes na demostración que realizamos en Galiforest”, explica.

A liña Hidromek de Grupo Torneiro para o sector forestal compleméntase cunha retroexcavadora ou mixta para creación a preparación de pistas forestais, pero que tamén se pode empregar en explotacións agrogandeiras.

Corvus, un pequeno gran utilitario

Juan Maceiras tamén destaca a boa acollida que tivo o vehículo Corvus. “Trátase dun vehículo utilitario todoterreno, cunha capacidade de carga de 450 kilos, e que se utiliza no sector forestal para subministro de combustible, plantas, repostos…etc. É un vehículo que se move moi ben no monte, cunha gran capacidade de tracción. Ten un motor diésel de gran autonomía, cun depósito de 40 litros de combustible”, subliña.

Por último, Grupo Torneiro presentou un robot desbrozador, cun motor diésel de 60 cabalos e un radio de manexo de 200 metros. “É unha máquina de fabricación italiana, moi robusta, e cun carro hidráulico que se pode ampliar para darlle máis estabilidade ou cambiar por unha rodaxe mecánica para terreos máis complicados”, explica Juan Maceiras.

Máis información sobre Grupo Torneiro:

https://torneiro.es/
Rúa Parroquia de Rois, F12
Polígono Industrial de Bergondo, A Coruña
 981 795 696
 info@torneiro.es

Sobre Torneiro Maquicoruña

Torneiro Maquicoruña, unha das compañías que integran o Grupo Empresarial Torneiro, está especializada na venda e alugueiro de maquinaria para construción, obra pública, sector forestal, agricultura e mantemento. A empresa traballa con marcas de referencia e ofrece solucións adaptadas ás necesidades de profesionais e empresas, con asesoramento comercial, servizo técnico e soporte posvenda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *