Estas son as medidas que pedirá España á Unión Europea para paliar a perda de ingresos dos gandeiros

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, solicitou hoxe o apoio dos conselleiros e conselleiras do ramo para defender no próximo Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea (UE), o luns día 21, as súas propostas para facer fronte á crise orixinada nos mercados internacionais como consecuencia da invasión rusa de Ucraína.

Luís Planas valorou o “apoio pechado” mostrado hoxe polas comunidades autónomas ás propostas de España, durante a reunión da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e en Consello Consultivo de Asuntos Comunitarios, celebradas de forma simultánea, Planas expuxo a posición que defenderá España ante a Comisión Europea (CE).

O ministro reiterou que son necesarias medidas excepcionais para compensar aos agricultores, gandeiros e pescadores máis afectados polo “moi significativo incremento dos custos de produción que poden comprometer a rendibilidade da súa actividade e o normal abastecemento alimentario  á poboación”.

Expuxo a necesidade de que a Comisión Europea (CE) permita que os estados membros poidan incrementar a produción de cereais e proteaginosas, así como adoptar medidas para flexibilizar a entrada de materias primas, sobre todo para alimentación animal, co fin de que o sector agrario conte coas subministracións necesarias para levar a cabo a súa actividade. Valorou que a CE actúe xa, en referencia á reunión técnica do pasado 11 de marzo, para permitir importacións de materias primas para alimentación animal e aumentar así a súa dispoñibilidade no mercado.

Planas referiuse á resolución publicada o 14 de marzo para facilitar a entrada en España de millo de Arxentina e Brasil grazas a unha flexibilización temporal dos requisitos fitosanitarios para a importación.

Medidas excepcionais para incrementar a superficie de cultivo de cereais

Respecto das medidas que España defenderá ante a CE, o ministro citou a activación do artigo 219 da Organización Común de Mercados Agrarios. Trátase de empregar a Reserva de Crise, un mecanismo para intervir en casos de graves perturbacións de mercado e que deberían dar lugar á habilitación de recursos para os sectores máis afectados.

Rusia e Ucraína son, respectivamente, o primeiro e o cuarto produtor mundial de trigo, co que a suspensión da produción e das exportacións supoñen unha menor dispoñibilidade nas subministracións de materias primas para a alimentación animal nos mercados internacionais, afectando sobre todo ao sector gandeiro, moi dependente das importacións para a alimentación animal.

O Goberno solicitou flexibilidades para poder destinar as superficies de barbecho ou superficies de interese ecolóxico á produción de proteaginosas ou de cereais e para pastoreo, así como excepcións na rotación e diversificación de cultivos.

Incremento da porcentaxe de anticipos de axudas da PAC e axudas con cargo aos fondos FEADER

España aposta tamén por medidas inmediatas, como o incremento da porcentaxe dos anticipos dos pagos directos da Política Agraria Común, a flexibilización dos controis para axilizar estes e unha aplicación máis sinxela e flexible do concepto de causa maior, para os casos nos que non se poidan cumprir as condicións de elegibilidad como consecuencia da situación actual. Tamén propón que se poidan financiar con Fondos Europeos Agrarios de Desenvolvemento Rural (FEADER) -segundo alicerce da PAC- actuacións específicas de apoio ao sector como xa se fixo para facer fronte á pandemia da Covid-19.

Valoración de Galicia: “Os gandeiros galegos non poden esperar ao día 29 a que se resolva a folga dos transportistas”

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González, reiterou o apoio da Xunta ás reclamacións que levará o Ministerio a Bruxelas o vindeiro luns pero hechó en falta “que o Goberno Central actúe de forma decidida e con rapidez en áreas que dependen da súa competencia e que axudarían a paliar a crise de prezos que sofren os gandeiros”.

En concreto, o conselleiro hechó en falta que “o Ministerio faga cumprir a Lei de Cadea Alimentaria, que prohibe a venda a perdas, para o que é imprescindible que haxa unha subida de prezo dos produtos do sector primario, porque neste momento están a vender por baixo dos custos de produción”.

Igualmente, José González pediu agilidaz ao Ministerio para “adoptar medidas que dean liquidez ás explotacións gandeiras, e sobre todo resolver o conflito dos transportes, porque os animais non poden esperar para comer e os gandeiros para que se lles recoga o leite ao día 29”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información