Estas son as ganderías da provincia de Lugo coa mellor xenética en vacún de leite

Lugo. En el Hotel Mercure, la Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participa en la entrega de premios de Africor Lugo

Africor Lugo realizou esta mañá un recoñecemento ás mellores ganderías da provincia seguindo un criterio de méritos en distintas categorías, tratando de salientar aquelas explotacións que traballan pola mellora da súa gandería, en busca duns animais máis rendibles para a produción de leite e á vez máis lonxevos, que permitan producir leite, de boa calidade, durante moito tempo.

Para estar neste grupo das mellores ganderías da provincia é preciso estar entre as cen mellores por produción, cualificación e índices xenéticos. Esto fai que sexan requisitos moi esixentes, o que abonda no mérito desta ganderías.

As ganderías premiadas son as seguintes:

Captura de pantalla 2025-06-27 192056

A maiores, tamén son merecedores de mención as primeiras explotacións por produción, morfoloxía e índices xenéticos, amosando o traballo realizado nestas gandería para acadar uns valores tan destacados.

Gandería de maior produción media de leite por vaca:

-RODASINDE, Segán de Abaixo, Escairón, O Saviñao. (16.403 Kg)

Gandería de maior media de cualificación morfolóxica:

-MANTOÑO HOLSTEIN, Novas, San Xusto, Barreiros. (88,77 puntos)

Gandería de maior media de puntuación por índices xenéticos:

– SAT AGOSTO DARRIBA, Maciñeiras, A Rigueira, A Pastoriza. (ICO 1.199)

Trala entrega dos premios tivo lugar unha charla do veterinario Oriol Franquesa sobre o reto de formar e xestionar equipos multiculturais na sala de muxido.

A conselleira destaca que máis do 70% do leite producido en Galicia xa se transforma na comunidade

Máis do 70 % do leite producido en Galicia transfórmase xa na nosa comunidade, achegándose deste xeito ao 75 %, o obxectivo marcado na Estratexia de dinamización do sector lácteo galego para o remate deste ano 2025. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na súa intervención no acto de entrega de premios da Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos (Africor).

A titular de Medio Rural cualificou este fito como “unha moi boa noticia” para a cadea de valor do leite e salientou o traballo conxunto realizado entre a Xunta e o sector para acadar este obxectivo. Así, sobre as diferentes aportacións do Goberno autonómico, lembrou -ademais da propia estratexia sectorial- as liñas de axudas para fomentar a remuda no agro, como a publicada este mesmo mércores no Diario Oficial de Galicia e dotada con 36 millóns de euros.

A conselleira tamén avanzou que neste próximo mes de xullo sairán outras dúas novas ordes de achegas; o instrumento financeiro para dotar de liquidez ao sector e unha nova convocatoria de subvencións para equipamentos en común.

Neste mesmo sentido, Gómez reiterou que o obxectivo que se persegue con todo este esforzo non é outro que “garantir unha produción sustentable, eficiente e de calidade, que beneficie tanto aos gandeiros como aos consumidores”. Deste xeito, engadiu, faise posible que Galicia se consolide como a primeira potencia leiteira nacional e a novena de Europa, un feito polo que quixo recoñecer aos gandeiros e, en xeral, a todo o sector.

Calidade e competitividade

A conselleira avogou ademais por continuar nesta liña de manter e avanzar na “calidade e competitividade da nosa gandaría”, así como “seguir engadindo contido de valor a esa Galicia calidade da que nos sentimos tan orgullosos”. E quixo recoñecer que, se o rural galego está tan vivo a día de hoxe é, en gran parte, grazas aos gandeiros. Como demostración disto lembrou que arredor dun terzo dos produtores de leite da nosa comunidade teñen menos de 45 anos e que, asemade, representan máis da metade da produción total. Por todo isto, concluíu, “o sector leiteiro é sinónimo de futuro”.

A maiores, Gómez recoñeceu o “papel fundamental” que desempeña Africor dentro do sector leiteiro galego, xa que -dixo- traballa “incansablemente para apoiar, impulsar e innovar neste ámbito”. Un labor que, aseverou, propicia que moitos gandeiros e gandeiras poidan acceder a novas prácticas máis sustentables e coñecementos actualizados que lles permiten manter a súa competitividade nun mercado cada vez máis esixente.

A Consellería do Medio Rural apoia o labor deste tipo de asociacións e, a través das axudas para o control do rendemento leiteiro, destinou este ano un millón de euros para as asociacións provinciais Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra que desenvolven estas tarefas. Concretamente, a lucense recibiu unha achega de máis de 470.000 euros.

Lugo. En el Hotel Mercure, la Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participa en la entrega de premios de Africor Lugo

Lugo. En el Hotel Mercure, la Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participa en la entrega de premios de Africor Lugo

Lugo. En el Hotel Mercure, la Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participa en la entrega de premios de Africor Lugo

Lugo. En el Hotel Mercure, la Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participa en la entrega de premios de Africor Lugo

Lugo. En el Hotel Mercure, la Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participa en la entrega de premios de Africor Lugo

Lugo. En el Hotel Mercure, la Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participa en la entrega de premios de Africor Lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información