Estas son as gandarías galegas co leite de mellor calidade hixiénico-sanitaria en 2024

A conselleira do Medio Rural presidiu o acto de entrega dos VIII Premios á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca (Exceleite 2024)

premios exceleite 24A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, definiu hoxe os gandeiros galegos como “garantes dunha parte moi importante da identidade de Galicia” e cualificou o sector leiteiro como “indispensable no económico, pero tamén na variable demográfica e social, para vertebrar e manter poboación no rural”. A conselleira, acompañada por varios altos cargos do seu departamento e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, pechou o acto de entrega dos VIII Premios á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca (Exceleite 2024).

premios exceleite 24

Neste evento, Gómez puxo en valor estes galardóns, cos que se recoñece o compromiso dos produtores coa calidade do xeito máis sustentable, así como o seu rigoroso respecto polo benestar animal, sempre procurando a excelencia na súa actividade. Trátase tamén -incidiu a conselleira- de “recompensar toda a entrega e sacrificio destes profesionais”.

No mes de decembro a Xunta ingresará outros 140 millóns de adianto da PAC

Na súa intervención, a titular de Medio Rural reiterou “o decidido apoio da Xunta a este sector estratéxico do rural galego, que se plasma mediante a planificación -cunha estratexia específica-, a promoción, a protección, a formación, o fomento da remuda xeracional ou a mobilización de terras, entre outras actuacións”.

Entre outras cuestións, a conselleira fixo tamén fincapé no esforzo do Goberno galego para adiantar a outubro o pago de 45 millóns de euros en concepto de anticipo das axudas da PAC e reiterou que “ao longo do mes de decembro faranse efectivos outros 140 millóns desta achegas, claves para garantir a sustentabilidade da actividade agrogandeira”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información