O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural de 2022 para o asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Así, un total de 40 entidades galegas recibirán unha achega de 3,25 millóns de euros para axudar ás explotacións a que melloren os seus resultados económicos, ambientais e a súa capacidade de adaptación ao cambio climático.
Porén, só 4 destas entidades copan o 56% destas axudas: Unións Agrarias-UPA, que recibe 948.600 euros; a lucense Taxo Asesogal -antiga Arza Enxeñería- que recibe 337.800 euros; a cooperativa CLUN, cunha axuda de 334.000 euros e a cooperativa AIRA, que percibirá 240.000 euros.
Son subvencionables os custos en concepto de honorarios orixinados polos servizos prestados, entre os que se poden incluír os custos de persoal, viaxes, material e gastos de funcionamento.
Nesta liña, as entidades que prestan estes servizos poderán recibir un importe entre os 800 e os 1.000 euros, en función da modalidade de asesoramento. Así, a través destas axudas da Xunta poderase financiar o asesoramento básico, o específico para a xestión da aplicación Contaláctea -implementada pola Xunta- ou o plan de xestión ambiental e loita contra o cambio climático do sistema integral de xestión de explotacións.
Listaxe das entidades beneficiarias: