Estas son as 23 concentracións parcelarias que prevé acometer este ano a Xunta

Estas son as 23 concentracións parcelarias que prevé acometer este ano a Xunta

Vista do concello do Páramo, con concentracións parcelarias pendentes desde fai décadas

O Consello da Xunta acordou este xoves impulsar a través da Consellería do Medio Rural avances e novas actuacións de reestruturación parcelaria en Galicia. Así, o Executivo galego prevé decretar un total de 23 novas zonas de concentración ao longo deste ano 2022, que se sumarían ás cinco zonas decretadas o pasado ano 2021.

Así, as 23 novas zonas que se decretarán suporán a reorganización de 19.394 hectáreas de superficie, distribuídas en 99.340 parcelas propiedade de case 14.0 00 veciños. En canto á súa distribución, 6 destes procesos decretaríanse na provincia da Coruña, 7 na de Lugo, 4 na de Ourense e 6 na provincia de Pontevedra.

En concreto, está planificado o inicio de novas parcelarias, que xa contan co estudo previo de iniciación finalizado, nos concellos de Abadín (zona de Moncelos), Becerreá (zona de Guilfrei), Castroverde (zona de Riomol), Baños de Molgas (zona de Almoite), Petín (zona de Petín, Portela de Portomurisco), Rairiz de Veiga (zona de Rairiz de Veiga), Vilardevós (zona de Soutochao), Caldas de Reis (zona de Bemil), Dozón (zona de San Salvador do Castro), Lalín (3 zonas en Cristimil, en Galegos e en Goiás, Xaxán, A Veiga) e Valga (zona de San Miguel de Valga), así como nos concellos de Boqueixón (zona de Lamas, Loureda, Sergude, Vigo), Melide (zona de Baltar, Golán, Grobas), Padrón-
Pontecesures (zona de Herbón), Santa Comba (zona de Freixeiro), Tordoia (zo na de Castenda), Touro (zona de Fao-Novefontes), Cospeito (tres zonas en Arcillá, Bestar, Vilar, Sisoi; en Roás e en Lamas) e O Páramo (zona de Friolfe), en función do estudo previo.

Ademais destes 23 novos procesos que se van decretar ao longo deste ano 2022, a Consellería do Medio Rural está estudando outro cento de solicitudes para novas parcelarias, tendo en conta o peso do sector agropecuario da zona, se as explotacións mostran interese nesa reestruturación do territorio e a viabilidade do propio proceso en termos ambientais, entre outras cuestións a ter en conta.

Estes novos procesos sumaranse ás cinco parcelarias decretadas o pasado ano, as primeiras desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia. Desta forma, entre os anos 2021 e 2022 decretaranse 28 novas reestruturacións parcelarias, que abarcan un total de 23.613 hectáreas e 107.655 parcelas de máis de 15.500 titulares.

Por último, dende Medio Rural aseguran que están traballando para finalizar os 91 procesos de concentración parcelaria que están abertos a día de hoxe na Comunidade. Neste senso, destacan que en 55 deles, é dicir no 60 %, os veciños xa están usando as novas parcelas resultantes. Para iso, o Goberno galego destina un orzamento de 12 millóns de euros en 2022, cifra que alcanza os 118 millóns de euros desde o ano 2009.

Una idea sobre “Estas son as 23 concentracións parcelarias que prevé acometer este ano a Xunta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información