Un total de 15 animais frisóns de alto valor xenético poxaranse mañá en Sarria dentro do programa da Feira de San Isidro da localidade. En concreto, son 12 vacas primeirizas xa paridas e 3 xovencas preñadas próximas ao parto pertencentes a 10 ganderías da provincia de Lugo, dos concellos de Sarria, O Páramo, A Pastoriza, Lugo, Chantada e Pol.
Este tipo de poxas, organizadas por Africor Lugo, son unha boa oportunidade tanto para as explotacións vendedoras, que logran rendibilizar o seu excedente de recría, como para as ganderías compradoras, que se poden facer con animais de alto valor xenético que incorporar ás súas granxas con total garantía.
A vindeira poxa será o sábado 6 de xuño no Páramo
Podes descargar neste enlace o catálogo cos 15 animais que se porán á venda mañá en Sarria. A vindeira poxa deste tipo será no Páramo o sábado 6 de xuño, coincidindo coas Feira da Primavera da localidade. As ganderías que queiran inscribir animais para vender poden facelo chamando ao teléfono de Africor Lugo 982250714.
Galego









Control OJD