Estas son as 12 innovacións premiadas no Concurso de Máquinas Destacadas de Abanca Cimag-GandAgro 2025

Máquinas Destacadas Cimag TATRA AGRÍCOLA CASTELLANA - GRUPO POUTÓN Por TATRA

Máquinas Destacadas Cimag TATRA AGRÍCOLA CASTELLANA – GRUPO POUTÓN 

A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal se celebra desde hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA distinguiu 12 innovacións no seu concurso Maquinas Destacadas Cimag, o cal premia as innovacións en maquinaria que destaquen polos avances en deseño, prestacións e/o calidade do traballo.

Estas novidades recoñecidas foron o sistema de agricultura de precisión Autosetup, presentado por Agrícola Noroeste, o cal permite configurar os axustes de traballo do tractor e da máquina dende un computador no Operations Center de John Deere e envialos de forma inalámbrica ao tractor; a transmisión robotizada RVShift serie 6C, presentado por Deutz-Fahr/Comercial Veiras, que combina a facilidade de uso das transmisións de baixa carga con todo o potencial das transmisións infinitamente variables; a biotrituradora Pro presentada por Dimago/Agrolugo, equipada cun sensor electrónico que cando baixa o número de revolucións do motor corta o paso da alimentación hidráulica mediante unha electro válvula reducindo o desgaste dos compoñentes principais; a aplicación móbil DTM App de Electricidad Mario, unha aplicación móbil deseñada para mellorar a precisión da alimentación, optimizar o uso do penso e aumentar a eficiencia das explotacións; a segadora tripla acondicionadora con agrupador FC 9330 RA de Fariña Maquinaria, cunha anchura de traballo de 9,3 m. e coa capacidade de realizar unha fileira central con anchura que varía desde os 1,8 a 3,6 m., ademais do axuste da velocidade na cinta en pendente para obter unha fileira centrada e simétrica; e o tractor Valtra S416, presentado por Hitraf, cun motor con posibilidade de utilizar biodiesel de 2ª e 3ª extracción con tecnoloxía de turbo simple de dobre entrada “Twin Scroll” e modo Eco para aumentar o rendemento a baixas revolucións e reducir o consumo de combustible.

Máquinas Destacadas Cimag ELECTRICIDAD MARIO por DTM

Máquinas Destacadas Cimag ELECTRICIDAD MARIO por DTM

Así mesmo, o xurado recoñeceu a ILF Kommunal + brazo orbital, presentado por Murat/Energreen, unha maquina autopropulsada multifuncional con sistema de enchanche rápido frontal que permite a instalación de múltiples equipos cun robusto brazo telescópico deseñado para traballar en ambos os lados da calzada e mantendo un mínimo espazo ocupado na estrada; o equipo de limpeza Heitmann SPR 910 Vario Prol, de Noroestebio, un sistema de limpeza de establos automatizado, silencioso, sen emisións e altamente eficiente; o Tatra Phoenix 8×8, de Tatra Agrícola Castellana/Grupo Poutón, un camión agrícola con cisterna Valzelli e tecnoloxía dixital John Deere para xestión e aplicación de xurro en terreo con sistema de chasis, tracción e suspensión únicos; a carretilla elevadora Agrimac TW25-4KX, de Talleres Turquino, a carretilla elevadora menos contaminante do mercado, cuxo deseño busca fomentar o menor consumo de repostos e a redución de mantemento.

Máquinas Destacadas Cimag NOROESTEBIO Por EQUIPO DE LIMPIEZA HEITMANN SPR 910 VARIO PRO

Máquinas Destacadas Cimag NOROESTEBIO Por EQUIPO DE LIMPIEZA HEITMANN SPR 910 VARIO PRO

Tamén se distinguiron o tractor JCB Fastrac 4220 Icon e o strip till para aplicación de xurros Volmer Culex, ambas de Millares Torrón. O tractor, con suspensión independente nas catro rodas e un sistema de equilibro activo que reparte o peso entre elas, é o único do mercado que permite que as catro rodas viren de maneira coordinada, mentres que o strip-till para aplicación de xurro aproveita de forma máis eficiente a capacidade de abono e minimiza as perdas de nutrientes.

Ao concurso foron presentadas 18 innovacións por parte de 12 empresas expositoras, as cales foron avaliadas por un xurado composto Javier Bueno Lema, do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (USC), Ignacio Ruiz, secretario xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal e de Espazos Verdes (Ansemat) e Jesús Ángel Vázquez, do Departamento Universitario de Enxeñería Agroforestal da Universidade Politécnica de Madrid.

Máquinas Destacadas Cimag MILLARES TORRON S.L. Por JCB FASTRAC 4220 ICON

Máquinas Destacadas Cimag MILLARES TORRON S.L. Por JCB FASTRAC 4220 ICON

Os galardóns foron entregados esta tarde no marco do certame polo director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, José Balseiros; o xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo; o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán, e membros do xurado do concurso.

Máquinas Destacadas Cimag MILLARES TORRON S.L. Por STRIP TILL PARA APLICACIÓN DE PURINES VOLMER CULE

Máquinas Destacadas Cimag MILLARES TORRON S.L. Por STRIP TILL PARA APLICACIÓN DE PURINES VOLMER CULE

Aposta pola innovación

Ademais deste concurso, Abanca Cimag-GandAgro celebrou hoxe outro certame centrado na innovación, o Abanca GandAgro Innova 2025, dirixido a premiar as innovacións que supoñan un avance ou mellora na produción, transformación e comercialización ou no desenvolvemento das zonas rurais, nos sectores agrícola e gandeiro. Os seus premios tamén se entregaron esta tarde.

Máquinas-Destacadas-Cimag-DEUTZ-FAHR.-COMERCIAL-VEIRAS-S.A.-Por-TRANSMISIÓN-RVSHIFT.-SERIE-6C-

Máquinas-Destacadas-Cimag-DEUTZ-FAHR.-COMERCIAL-VEIRAS-S.A.-Por-TRANSMISIÓN-RVSHIFT.-SERIE-6C-

Ambos os concursos, aos cales concorreron un total de 36 propostas (dúas delas comúns a ambos os certames) presentada por 27 empresas expositoras, son unha mostra da aposta de Abanca Cimag-GandAgro 2025 por potenciar a innovación no sector agropecuario.

Máquinas-Destacadas-Cimag-MILLARES-TORRON-S.L.-Por-STRIP-TILL-PARA-APLICACIÓN-DE-PURINES-VOLMER-CULE-

Máquinas-Destacadas-Cimag-MILLARES-TORRON-S.L.-Por-STRIP-TILL-PARA-APLICACIÓN-DE-PURINES-VOLMER-CULE-

Máquinas-Destacadas-Cimag-DEUTZ-FAHR.-COMERCIAL-VEIRAS-S.A.-Por-TRANSMISIÓN-RVSHIFT.-SERIE-6C-

Máquinas-Destacadas-Cimag-DEUTZ-FAHR.-COMERCIAL-VEIRAS-S.A.-Por-TRANSMISIÓN-RVSHIFT.-SERIE-6C-

Máquinas-Destacadas-Cimag-AGRÍCOLA-NOROESTE-Por-SISTEMA-DE-AGRICULTURA-DE-PRECISIÓN-AUTOSETUP

Máquinas-Destacadas-Cimag-AGRÍCOLA-NOROESTE-Por-SISTEMA-DE-AGRICULTURA-DE-PRECISIÓN-AUTOSETUP

Máquinas-Destacadas-Cimag-HITRAF-S.A.-Por-VALTRA-S416-

Máquinas-Destacadas-Cimag-HITRAF-S.A.-Por-VALTRA-S416-

Máquinas-Destacadas-Cimag-AGRÍCOLA-NOROESTE-Por-SISTEMA-DE-AGRICULTURA-DE-PRECISIÓN-AUTOSETUP-

Máquinas-Destacadas-Cimag-TALLERES-TURQUINO-S.L.-Por-CARRETILLA-ELEVADORA-AGRIMAC-MODELO-TW25-4KX-

Máquinas-Destacadas-Cimag-MURAT-ENERGREEN-Por-ILF-KOMMUNAL-BRAZO-ORBITAL

Máquinas-Destacadas-Cimag-MURAT-ENERGREEN-Por-ILF-KOMMUNAL-BRAZO-ORBITAL

Máquinas-Destacadas-Cimag-FARIÑA-MAQUINARIA-Por-SEGADORA-TRIPLE-ACONDICIONADORA-CON-AGRUPADOR-FC-9330-RA-

Máquinas-Destacadas-Cimag-DIMAGO-Por-BIOTRITURADORA-PRO

Máquinas-Destacadas-Cimag-DIMAGO-Por-BIOTRITURADORA-PRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información