
Entrega da última edición do Premio Aresa, a correspondente ao ano 2024, a Traloagro
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), contabilizou todas as candidaturas rexistradas para concorrer á vixésimo sexta edición do galardón.
En total, o Premio Aresa 2025 disputarase entre un total de 11 candidaturas. Os membros do xurado darán a coñecer a proposta gañadora o día 6 de febreiro. O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.
O gañador sairá da seguinte relación:
1. Cátedra do Pan e do Cereal
2. Embutidos Suarna
3. Da Escola á Granxa
4. Gandería Quintián
5. Belacolmea-Innovar dende a colmea
6. Hifas da Terra
7. Soc. Coop. O Rodo
8. Ecogranxa de Riomouro
9. Vacantes.gal
10. Bico de Xeado
11. AZ-Agro
O xurado, formado nesta ocasión polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; a presidenta de Aresa, Carlota López Pardo; a CEO de Granja Campomayor, María García Busto; e o catedrático de Química Analítica, Carlos Herrero Latorre, examinará todas estas candidaturas e fará pública a súa decisión o venres 6 de febreiro nun acto que terá lugar ás 12:30 horas na sala de prensa do Pazo de Montenegro na cidade de Lugo.
Galego









Control OJD