“Estamos vendendo o leite á metade do prezo da auga”

A cooperativa Codegui (Guitiriz, Lugo) continúa a agardar unha solución para o seu medio cento de socios, que desde o luns envíanlle a súa producción a Reny Picot para leite en po. Cobrarán 18 céntimos por litro, co leite posto na fábrica en Asturias

“Estamos vendendo o leite á metade do prezo da auga”

Sede da cooperativa Codegui.

O medio cento de granxas de Codegui (Guitiriz, Lugo) pasou da preocupación da semana pasada por non saber que facer co leite á “derrota”, contan na cooperativa. Logo de que Leche Celta lles cancelase a recollida, Codegui non logrou atopar outra industria compradora. Tampouco a Xunta, que anunciou hai unha semana que intermediaría na busca de solucións, obtivo por agora unha saída.

Así as cousas, a cooperativa cumpre hoxe o quinto día enviándolle o leite a Reny Picot. O presidente da entidade, Raúl Prieto, resume a situación das granxas: “É inviable. Xa hai socios que están falando de pechar a explotación. Estamos vendendo o leite á metade do prezo que custa a auga. Se souperamos que en x días hai unha solución, podiamos esperar, pero non temos a seguridade de nada”.

“Xa hai socios que falan de pechar a granxa. A situación é inviable”

Malestar
Desde o movemento cooperativo chámase tamén a atención sobre a inacción do sector ante o problema de Codegui, pois máis alá das demandas trasladadas polas organizacións agrarias nos medios, ninguén moveu un dedo por mobilizarse en serio, nin as propias cooperativas nin as organizacións agrarias nin os gandeiros. As vellas máximas cooperativistas, como a de ‘Un para todos e todos para un’, quedan na práctica sustituidas pola lei da selva: “sálvese quen poida”, resumen e critican desde as cooperativas, unha mensaxe que ademais -din- trasládalles ás industrias a idea de impunidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información